Capitán Rexente de San Mariño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Capitán Rexente é un posto electo polo Consello Grande e Xeral da Serenísima República de San Mariño (en italiano: Capitani Reggenti). Cada seis meses noméanse dous Capitáns Rexentes para realizaren as funcións de Xefes de Estado. Os Rexentes son designados por partidos políticos adversarios, e ocupan o posto durante seis meses.
A investidura dos Capitáns Rexentes dura cada ano dende o 1 de abril até o 1 de outubro e a menos que se indique o contrario, o mandato semestral dos Capitáns Rexentes comeza ese mesmo día. A existencia de dous Xefes de Estado en vez dun foi inspirada na tradición da Antiga República Romana, que equivalería aos cónsules de entón.