Capitán Garfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O capitán James Hook é un personaxe ficticio de Peter Pan, creado por J. M. Barrie. Hook é un capitán pirata e Némesis de Peter. Dise que traballaba para Barbanegra e era o único home ao que Long John Silver temía. Usa un garfio de metal onde debería estar a súa man dereita, que foi cortada por Peter Pan e comida por un crocodilo; ao crocodilo gustoulle tanto o sabor da súa man que o seguiu polo resto da súa vida coa esperanza de poder probar máis.

No libro de Barrie, o crocodilo atrapa a Hook ao final, e Peter esquécese del rapidamente e atopa un novo rival; pero Hook foi máis popular entre o público, e case todas (se non a maioría) das secuelas tráeno de volta dalgunha ou outra forma.

Presúmese que o capitán Hook foi inspirado polo famoso capitán inglés Christopher Newport. Ambos tiñan cabelo escuro de pasado dubidoso, e aos dous faltáballes a man dereita e portaban un gancho de metal no seu lugar.