Cantodorxo, O Grove, O Grove

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cantodorxo

Cruceiro de Francisco Pazos (2017)
ParroquiaO Grove
ConcelloO Grove
Coordenadas42°30′01″N 8°52′19″O / 42.50027778, -8.87194444Coordenadas: 42°30′01″N 8°52′19″O / 42.50027778, -8.87194444
Poboación174 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Cantodorxo é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 174 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos cales 89 eran mulleres e 85 homes, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 206 veciños, e con respecto ó ano 2004, cando eran 191.

En 2017, o Concello e maila Deputación levantaron un cruceiro nun con que se interna no mar cara ao norte, obra do escultor Francisco Pazos. Con este cruceiro sinálase o comezo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, un dos Camiños de Santiago.

Castro de Cantodorxo[editar | editar a fonte]

En Cantodorxo descubríronse os restos dun pequeno castro, duns 300 m2, datado nos séculos IV a II a. C., no que se atoparon restos de cerámica, muíños de man e dúas sepulturas antropomorfas. Álvarez Limeses foi quen deu a primeira noticia do castro, en 1928, que hoxe está moi alterado tanto pola propia acción do mar como pola acción humana, especialmente trala construción dunha fábrica de conservas sobre a parte sur do espazo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Grove[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas

Parroquias do Grove[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove

O Grove (San Martiño) | San Vicente do Grove (San Vicente)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • J. M. Rey, M.C. Ferré, Carlos Fernández Rodríguez, Carlos Rodríguez López. "Sondeos en el conchero del castro de Punta de Cantodorxo (O Grove, Pontevedra): análisis zooarqueologico", en Gallaecia nº 17, 1988 [1].