Cantón Chambo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCantón Chambo
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°44′S 78°35′O / -1.73, -78.58Coordenadas: 1°44′S 78°35′O / -1.73, -78.58
EstadoEcuador
ProvinciaProvincia de Chimborazo Editar o valor em Wikidata
CapitalChambo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación11.885 (2010) Editar o valor em Wikidata (72,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie163,73 km² Editar o valor em Wikidata

Páxina webgobiernodechambo.gob.ec… Editar o valor em Wikidata

Chambo é un cantón situado ao noroeste da provincia de Chimborazo en Ecuador.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 163 km², que representan o 2,5 % da superficie da provincia de Chimborazo. Os principais cursos de auga que cruzan o cantón son os ríos Chambo, Dadal e Timbul, ademais da lagoa Rocón.

A altura media do cantón está polos 2780 msnm. A temperatura media é de 14 °C.

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo cos datos presentados polo Instituto Ecuatoriano de Estadísticas y Censos (INEC), do último Censo de Poboación e Vivenda (2010), realizado no país, o cantón posúe 11 885 habitantes, distribuídos entre a área urbana da cabeceira cantonal (4459 habitantes) e a área rural que alberga 7426 habitantes. A poboación masculina alcanza o 47,45 %, mentres que a feminina o 52,55 %. O analfabetismo en mulleres preséntase en 23,7%, mentres que en varóns: 10,55%.

Segundo o Sistema Integrado de Indicadores Sociales de Ecuador, SIISE, a pobreza por necesidades básicas insatisfeitas, alcanza o 71,83% da poboación total do cantón, e a extrema pobreza alcanza o 42,47 %.

Poboación Habitantes[1]
Total 10.541
Homes 5.539
Mulleres 5.002
Menores de 1 ano 221
Entre 1 e 9 anos 2.317
Entre 10 e 14 anos 1.262
Entre 15 e 29 anos 2.652
Entre 30 e 49 anos 2.148
Entre 50 e 64 anos 1.026
65 ou máis anos 915

Servizos[editar | editar a fonte]

  • Teñen acceso á rede de sumidoiros, o 39% das vivendas.
  • Dispoñen de servizo hixiénico exclusivo, o 41,81% dos fogares.
  • Auga entubada por rede pública dentro da vivenda: 36%.
  • Enerxía Eléctrica 89,44%.
  • Servizo telefónico 6,88%.
  • Servizo de recolección de lixos: 31,16% das vivendas.

En xeral o déficit de servizos básicos é de 71,53%[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Chambo é un dos primeiros asentamentos dos Puruway, pese a isto, os trámites para a súa cantonización comezaron no 1940 ata lograr o pleno recoñecemento oficial o 18 de marzo de 1988.

Turismo[editar | editar a fonte]

Chambo posúe diversos atractivos turísticos naturais, entre os que se poden mencionar:

  • Augas termo-medicinais de Guayllabamba ou Aguallanchi, que se atopan a 12 km do centro, no sector San Francisco de Chambo.
  • Bosque Primario Leonán de Llucud.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 SIISE 4.0