Canon por copia privada
A remuneración compensatoria por copia privada o canon por copia privada é unha taxa aplicada a diversos medios de gravación e cuxa recadación reciben os autores, editores, produtores e artistas, asociados a algunha entidade de xestión de dereitos de autor, en compensación polas copias que se fan dos seus traballos.
Contemplouse por primeira vez na lexislación española na Lei 22/1987, de 11 de novembro, de Propiedade intelectual [1]. No artigo 25 del texto refundido da Lei de Propiedade intelectual española (Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, durante o último goberno en funcións de Felipe González)[2], tamén se regulou a pretensión compensatoria resultante dunha presunta afectación do dereito patrimonial de autores, editores, artistas, produtores audiovisuais y fonográficos, cando o comprador realiza copias para uso privado. A Lei obriga a exercitar o cobro a través das entidades de xestión colectiva (SGAE, AIE y AGEDI). Por isto denomínase como un "dereito de remuneración de xestión colectiva forzosa".
O canon por copia privada cóbrase no Estado Español aos fabricantes e importadores dos equipos, aparatos e materiais que serven para a gravación de obras musicais o audiovisuais. Así e todo, a SGAE indica que a Lei de Propiedade intelectual considera responsables solidarios do pagamento da remuneración aos distribuidores, por xunto ou polo miúdo, sucesivos adquirentes, se na factura dos seus provedores non aparece desagregado o importe da remuneración.
En setembro de 2003 comezouse a aplicar aos CDs e DVDs virxes como resultado dun acordo entre as entidades de xestión de dereitos de autor (coa SGAE ao fronte) y ASIMELEC. Isto provocou gran balbordo porque resultaba evidente que estes soportes úsanse de cote para outras fins alleas á copia privada, e porque dito acordo negociouse sen a participación nin presenza de consumidores e autoridades.
Segundo as cifras que publica a propia SGAE, entre os anos 2003 e 2005 a súa recadación medrou case 12% e sitúase en 300 millóns de Euros.
La reforma de la Lei de Propiedade intelectual de 2006, prohibe expresamente el canon sobre o ADSL e sobre os discos duros, con algunhas limitacións[Cómpre referencia].
Índice |
[editar] Contía do canon
La contía do canon segundo publica[3] a Sociedad General de Autores y Editores, depende do tipo de equipo (analóxico ou dixital) e do destino do soporte. As tarifas vixentes na actualidade (xaneiro de 2008) son as seguintes:
- Equipos analóxicos
- Audio
- Gravadores / reprodutores: 0,60 € por unidade.
- Soportes de gravación: 0,18 €/hora ou 0,0030005 €/minuto.
- Vídeo
- Gravadores / reprodutores: 6,61 € por unidade.
- Soportes de gravación: 0,30 €/hora ou 0,005006 €/minuto.
- Audio
- Equipos dixitais
- Audio
- Reprodutores de audio: 0,60 € por unidade.
- Soportes específicos de audio: 0,35 €/hora ou 0,006 €/minuto.
- Vídeo
- Reprodutores de vídeo: 6,61 € por unidade.
- Soportes específicos de vídeo: 0,70 €/hora ó 0,011667 €/minuto.
- Mixtos
- Discos compactos (CD), regravables ou non: 0,16 €/hora ou 0,002667 €/minuto. Para estes soportes enténdese que unha hora de gravación equivale a 525,38 megabytes. Nestes soportes estímase que o 87,54% da recadación corresponde a reprodución sonora e o 12,46% a visual ou audiovisual.
- Discos versátiles (DVD), regravable ou non: 0,30 €/hora ó 0,011667 €/minuto. Para estes soportes enténdese que unha hora de gravación equivale a 2,35 gigabytes. Neste caso estímase que é o 3,43% o correspondente a reprodución sonora e o 96,57% á audiovisual.
- Audio
* Nota: Ao importe final hai que engadirlle o IVE.
A reforma da Lei de Propiedade intelectual aprobada en decembro de 2007 introduciu unhas novas tarifas[4], actualmente pendentes da súa publicación e entrada en vigor, para esta taxa que queda da seguinte forma:
| Importe do canon por unidade | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Grupo I: Equipos de gravación | Grupo II: Soportes de gravación | Grupo III: Equipos multifunción e copiadoras | |||
| Categoría | Compensación | Categoría | Compensación | Categoría | Compensación |
| Gravadora CD | 0,60 € | Soporte CD-R | 0,17 € | Multifunción de inxección de tinta | 7,95 € |
| Gravadora CD/DVD | 3,40 € | Soporte CD-RW | 0,22 € | Multifunción láser | 10,00 € |
| Gravadora DVD de sobremesa | 3,40 € | Soporte DVD-R | 0,44 € | Escáner | 9,00 € |
| Discos duros no excluídos | 12,00 € | Soporte DVD-RW | 0,60 € | Copiadoras hasta 9 ppm | 13,00 € |
| Gravadora de TV sobre disco duro | 12,00 € | Memoria USB/Flash | 0,30 € | Copiadoras de 10 a 29 ppm | 127,70 € |
| MP3 | 3,15 € | Copiadoras de 30 a 49 ppm | 169,00 € | ||
| MP4 | 3,15 € | Copiadoras de 50 a 69 ppm | 197,00 € | ||
| Teléfono móbil con MP3 | 1,50 € | Copiadoras de 70 ó más ppm | 227,00 € | ||
Estas cifras calculáronse sobre a base dos dados manexados polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio que estimaban os danos e perdas anuais correspondentes á modalidade de reprodución de obras divulgadas en forma de libros ou asimiladas é de 34.786.128 €, e o correspondente á modalidade de reprodución de fonogramas ou outros soportes sonoros e de reprodución visual ou audiovisual é de 75.362.883 €.
[editar] Defensores do Canon
Independentemente da posible consideración económica destes conceptos (ingreso coercitivo, remuneración da propiedade intelectual, case-imposto, etc.) a Teoría económica indica que este incremento dos custes tradúcese necesariamente nun incremento de prezos en proporción ás elasticidades relativas de demandantes (consumidores) e ofertantes (neste caso, empresas cuxos produtos están suxeitos á exacción)[Cómpre referencia]. Adóitase considerar que debido ás características da demanda, os consumidores son os axentes económicos sobre os que se repercuten en maior medida estes custes engadidos [Cómpre referencia].
Segundo declararon os defensores do canon, este permite a protección da cultura autóctona e fomenta a aparición de novos talentos[Cómpre referencia]. Ademais expresaron que tamén deberíase estender ás liñas ADSL, routers/antenas WiFi e, de ser posible, a calquera outro soporte que permita o almacenamento, reprodución e distribución de obras musicais o audiovisuais (ex. discos duros, chaveiros USB)[Cómpre referencia].
[editar] Obxeccións ao canon
O canon foi moi contestado por muchos consumidores, dando lugar a distintas campañas, sobre todo en Internet. Estes consideran que o canon é arbitrario, xa que non hai control de qué obras musicais son realmente utilizadas cando se reparten os cartos os autores. Segundo os avogados da SGAE en diversas charlas sobre o tema, este reparto realízase de forma proporcional á «importancia» do autor. O canon tamén a quen usa cintas, CD o DVD para gravar a súa propia música, datos persoais ou material que non pertenza a socios da SGAE. Este feito levou a suxerir aos detractores do canon que este vulnera a presunción de inocencia, garantida na Constitución Española, xa que presume que toda persoa que adquirir un soporte gravable virxe, vaino empregar para copiar material registrado[5]. Segundo a lexislación, pódense definir excepcións ao canon para certas asociacións, aínda que na actualidade parece que nunca se aplicou.
Se a SGAE aplica nas súas estimacións dita relación de substitución (1 copia = 1 venta), poderíase considerar que as valoracións de dito organismo referentes á minoración de ingresos derivadas da copia privada están, en enorme medida, sobrevaloradas e condicionadas polo interese de maximizar o canon. Se a SGAE corrixe esas cifras considerando que 1 copia < 1 venta, debería recoñecerse que non se está a formular correctamente o tema na súas declaracións públicas.
Houbo moitos casos en que se tratou de cobrar o canon a establecementos que puñan unicamente música de autores alleos á SGAE, ou se ameazou con denunciar aos mantedores de páxinas que distribuían música con permiso dos seus autores, ou da que eran autores.
[editar] Notas
- ↑ http://www.derecho.com/xml/disposiciones/trini/disposicion.xml?id_disposicion=33864
- ↑ http://www.juridicas.com/base_datos/Admin/rdleg1-1996.l1t2.html#a25
- ↑ http://www.sgae.es/tipology/est/item/es/66_301.html
- ↑ http://www.todoscontraelcanon.com/index2.php?body=article&id_article=198
- ↑ http://todoscontraelcanon.es/index2.php?body=press_article&id_article=181&id_rubrique=10
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Todos contra el canon Plataforma en contra do canon dixital (en español).
- www.sgae.es Páxina oficial da SGAE