Canon EOS-1Ds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corpo dunha cámara Canon EOS-1Ds

A Canon EOS-1Ds é unha cámara dixital profesional de fotograma completo feita por Canon e que saiu ó mercado na primavera de 2003. Conta cun sensor CMOS de 11,1 megapíxeles. Ten dous modos de auto foco e unha opción de enfoque manual. As dimensións son 156 milímetros de longo, 157.6 milímetros de alto e 79.9 milímetros de fondo, pesa 1.265 gramos. Ten unha conexión Firewire que permite unha velocidade de 50 Mbps no proceso de transferencia das imaxes ó ordenador.