Canned Heat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canned Heat
Canned Heat at Woodstock Reunion 1979.jpg
Orixe Os Ánxeles, Flag of the United States.svg
Período 1965 – actualidade
Xénero(s) blues-rock, boogie rock, rock sureño
Selo(s) discográfico(s) Liberty Records
EMI
Scepter Records
Sunny Side
Membros † Alan "Blind Owl" Wilson
† Bob Hite "The Bear"
† HeHenry Vestine "Sunflower"
Larry Taylor "The mole",
Frank Cook,
Adolfo de La Parra "Fito Beans"
Antigos membros Barry Levenson
Greg Kage
Robert Lucas

Canned Heat é unha banda de blues-rock/boogie rock boogie formada nos Ánxeles en 1965. A importancia do grupo non só reside na súa música baseada no blues, senón tamén nos seus esforzos para reintroducir e revivir as carreiras dalgúns grandes bluesmen, así como as súas habilidades para a improvisación.

O grupo liderábano Alan "Blind Owl" Wilson -"Moucho Cego"- (guitarra, harmónica e voces) e Bob Hite ("The Bear" -O Oso-) (voces e harmónica). Henry Vestine (co alcume "Sunflower" -Xirasol-), ex membro de The Mothers of Invention, de Frank Zappa, encargábase da guitarra. Larry Taylor ("The Mole"-A Toupa-) (coñecido ata entón coma o baixista de The Monkees), era o seu baixo de estudio, ata que rematou por incorporarse ao grupo por completo durante os anos setenta xunto co batería Frank Cook. Posteriormente incorporouse definitivamente ao grupo o batería mexicano Adolfo "Fito" da Parra. Canned Heat toma o seu nome do tema "Canned Heat Blues". Esta canción de Tommy Johnson, creada no 1928, fala dun alcohólico que comezou a beber desesperadamente Sterno, un combustible composto de etanol e alcol xelatinoso, e que é chamado habitualmente "Canned Heat".

Historia[editar | editar a fonte]

Alan Wilson axudou a redescubrir ao cantante de blues Son House, acompañándoo no seu álbum de retorno no 1965. O grupo, que tamén se atopaba ben equipado, buscaba un contrato coa compañía Liberty Records, a través da personalidade de Albert Collins, bluesman con sona.

O álbum co que debutaron, Canned Heat, gravouse pouco despois da súa aparición no 1967 no Festival Pop de Monterrey. Adolfo da Parra (8 de febrero de 1946, Cidade de México) remplazou a Frank Cook na batería para o seu segundo álbum, Boogie with Canned Heat. Este álbum foi máis exitoso, debido ao hit «On the Road Again». No ano 1969 realizaron o inconsistente álbum dobre Livin' the Blues. Malia diso, obtiveron un novo éxito, «Going Up The Country», unha canción construída arredor do tema de Henry "Ragtime Texas" Thomas dos anos 20, chamado "Bull Doz Blues" (adóitase citalo coma o "Bulldozerblues"). O guitarrista Harvey Mandel reemprazou a Henry Vestine do 1969 ao 1970. A banda apareceu en agosto do 1969 no xa lexendario Festival de Música e Artes de Woodstock, participando no filme e no álbum.

O ano vindeiro foi o punto musical culminante do grupo orixinal. Trouxeron a John Lee Hooker grabar o álbum dobre Hooker'N' Heat, en maio de 1970. Foi o primeiro álbum de Hooker en figurar nas listas de popularidade, chegando á posición 73 en febreiro do 1971. Desafortunadamente, Alan Wilson morreu dunha sobredose de droga nun "aparente suicidio" en setembro do 1970, antes da saída do álbum. Os resultados da autopsia eran inconcluíntes e el non deixou nota ou recado suicida, polo que as circunstancias da súa morte continúan sen aclararse.

A banda tivo outro éxito adicional cunha nova versión do tema de Wilbert Harrison «Let's Work Together».

No ano 1970 uniuse á banda para figurar como primeira voz o imán menor de Bob Hite, que cantaba e tocaba o baixo e colaboraba nos arranxos. Durante este período, gravaron One More River to Cross en Atlantic Records. A derradeira gravación de estudio con Bob Hite foi no 1978, dentro do álbum Human Condition, con Hite interpretando o tema principal, unha antiga gravación de Alan Wilson, pero nunca foi lanzada. Unha década despois, no 1987, dentro do álbum Hooker 'N' Heat (Live at the Fox Venice Theater) foi regravada e lanzada con Hite, levando de novo a Hooker coma convidado. Ámbalas dúas gravacións incluían a participación de Mark Skyer da banda Chicago. A interpretación ao vivo foi enriquecida pola participación de Larry Taylor no baixo (unha das curtas reunións co grupo), Ronnie Barron ao piano e ao grupo vocal Os Chambers Brothers.

Bob Hite morreu en abril do 1981. Algún tempo despois morreron Vestine (no 1997) e Richard Hite (no 2001). Cara 1989 as traxectorias de Canned Heat e Hooker cruzábanse outra vez. Agora, foi invitado na gravación do álbum The Healer, o cal foi de novo un éxito. Adolfo da Parra conduce regularmente á banda, e Larry Taylor regresou no 1994 despois de abandonar ao grupo no 1970. Taylor continuou coma baixista principal de reforzo en moitos grandes eventos, incluíndo a Kim Wilson e Tom Waits.

O ex Canned Heat Harvey Mandel foi un daqueles músicos que foi considerado para substituír a Mick Taylor nos Rolling Stones. Con grandes esforzos, conseguiu aparecer no álbum dos Stones Black and Blue. O seu extenso traballo coma solista está considerado coma o tema máis exitoso do proxecto: "Hot Stuff". Mandel continuou gravando e realizando el mesmo álbums, e no 2004 gravou unha canción escrita polo co-fundador do sitio web MP3.com, Rod Underhill, un músico e avogado que participou activamente como director musical do proxecto orixinal MP3.com. Mandel regularmente realiza gravacións e xiras co "Chicago Blues Reunion", xunto a Nick Gravenites, Barry Goldberg, Tracy Nelson, Sam Lay e Corky Siegel.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Canned Heat (1967; Liberty Records, USA)
  • Boogie with Canned Heat (1968; Liberty)
  • Living the Blues (1969; [Akarma], Liberty)
  • Hallelujah (1968; Liberty)
  • Canned Heat Cookbook (1969; Liberty)
  • Future Blues (1970; Liberty)
  • Live In Europe (1970; Liberty)
  • Hooker 'N' Heat (1970; Liberty LP, CD EMI)
  • The Best of Canned Heat (1972; 1990 CD, EMI/Capitol)
  • Human Condition (1978; Takoma/Sonet)
  • Hooker 'N Heat (1978; directo no Fox Venice Theatre; con John Lee Hooker e Tomato)
  • Reheated (1988)
  • Let's Work Together: The Best of Canned Heat (1989; EMI)
  • Uncanned! The Best of Canned Heat (1994; EMI/Capitol)
  • Best of Hooker 'N' Heat (1996; EMI E2-38207; pistas seleccionadas do disco doble de 1970)
  • Boogie 2000 (1999; Ruf Records)
  • Blues Band (1999; Ruf Records)
  • The Boogie House Tapes (2000; Ruf Records)
  • Friends in the Can (2003; Ruf Records)
  • The Boogie House Tapes, Volume 2 (2004; Ruf Records)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canned Heat Modificar a ligazón no Wikidata