Canelones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°31′27″S 56°16′54″W / 34.52417°S 56.28167°W / -34.52417; -56.28167

Canelones
Canelones-Monument.jpg
Monumento á bandeira na praza central
Situación xeográfica
MunCanCanelones.svg
País Flag of Uruguay.svg Uruguai
Departamento Departamento de Canelones
Xeografía
Altitude 20 msnm
Poboación
Poboación 19.865 hab. (2011)
Densidade hab/km²
Información
Código postal 90000
Alcalde Mabel Curbero
Páxina web

Canelones é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo. Áchase dentro da Zona metropolitana de Montevideo e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de Montevideo e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu nome orixinal era Villa Guadalupe, creada o 24 de abril de 1783 por orde do vicerrei Juan José de Vértiz, aínda que a historia recoñece ao presbítero Juan Miguel de la Laguna como o seu fundador. Este é quen ten a iniciativa de construír a igrexa parroquial.

A Vila da Nosa Señora de Guadalupe chegou a ser capital da Provincia Oriental en 1813, por decisión de Artigas, ao ser este elixido presidente provisional dos orientais (dos uruguaios). O 27 de xaneiro de 1816 créase o departamento de Canelones, un dos primeiros seis no que se dividía a Provincia Oriental e cuxa primeira xurisdición se estendía desde o Río Santa Lucía até Montevideo.