Caneiro de Don Eduardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°3′23.52″N 7°37′43.91″O / 43.0565333, -7.6288639

O caneiro de Don Eduardo é un caneiro situado no curso alto do río Miño, entre Gondai (Parada, Outeiro de Rei) e San Xillao (Bocamaos, Lugo).[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Está construído en cachotería de granito e ten unha disposición en forma de V, canalizando as augas por unha boca no guiar dereito e por cinco bocas na punta. Conta cun caseto na punta construído con muros de cachotería de granito e cuberta de lousa sobre armazón de madeira. O conxunto atópase en bo estado de conservación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os Caneiros do Miño no concello de Lugo. pp. 103–119. 
  2. "Ficha no catálogo da Xunta" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de outubro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bañobre Izquierdo, Eva; Cabana Iglesia, Ana; Carral Vilariño, Emilio; Buján Paredes, Mercedes; Gil Docampo, Mariluz; Ortiz Sanz, Juan; Puentes Berdasco, Isabel; Rego Sanmartín, Mª Teresa; Rielo Rodríguez, Javier; Rodríguez López, Teresa; Vázquez Pelarigo, Patricia (2009). Os Caneiros do Miño no concello de Lugo. Concello de Lugo - Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural. ISBN 978-84-935780-4-6.