Canedo, Ourense
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Canedo.
| Canedo | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Ourense |
| Área | 6,6 km² |
| Poboación | (Ano 2005) 573 hab. |
| Densidade | 86,8 hab./km² |
| Entidades de poboación | 12 |
San Miguel de Canedo é unha parroquia do concello de Ourense situada a catro quilómetros ao oeste da cidade de Ourense que se estende por unha superficie de 6,6 km². A poboación máis importante é Quintela
Índice |
[editar] Xeografía
Pola parte sur de Canedo pasa o río Miño, alí habilitouse unha zona de ocio, construíndoa ao redor dunhas fontes de auga quente similares ás das Burgas de Ourense. En Canedo tamén podemos atopar outras fontes de auga quente, denominadas Burgas de Arriba e Burgas de Abaixo das que mana auga entre os 60 e os 80 graos centígrados. Disque estas augas son beneficiosas para problemas de ósos, etc.
Outros lugares que poden ser interesantes son a Igrexa de San Miguel de Canedo, reconstruída tras a Guerra Civil, xa que foi queimada, e A Burga do Muíño, con augas medicinais.
[editar] Demografía
Segundo o Padrón Municipal do ano 2005, a parroquia de Canedo conta con 573 habitantes, dos cales 284 son homes, e 289 son mulleres, repartidos da seguinte maneira entre as entidades de poboación:
- Cachaxúas: 32 hab.
- Eirasvedras: 135 hab.
- A Eirexa (Capela): 31 hab.
- Outariz: 19 hab.
- O Porto: 35 hab.
- Quintela: 186 hab.
- Seoane: 42 hab.
- Vilanova: 34 hab.
- Puntos diseminados: 49 hab.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Canedo, Ourense.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Canedo
| Lugares da parroquia de Canedo no concello de Ourense | |
|---|---|
|
Cachaxúas | A Capela | Casagrande | Eirasvedras | A Eirexa | Fontelo | Outariz | Porto | Quintela | Requeixo | Seoane | Tarascón | Vilanova |