Caneca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha caneca da Wikipedia.

Unha caneca[1] é unha variedade de recipiente semellante a un vaso, mais cun saliente chamado "asa". Ao contrario da cunca, que ten a base inferior máis pequena que a abertura superior, a caneca ten xeralmente forma cilíndrica. Diferéncianse das xerras principalmente polo seu menor tamaño e a ausencia de bico.

Función[editar | editar a fonte]

A caneca é un recipiente resistente, destinado para a almacenar líquidos en temperaturas elevadas, como café, , chocolate quente ou leite. Hoxe en día é común tamén un tipo de caneca, feita de vidro, destinada principalmente ao consumo de cervexa.

Materiais[editar | editar a fonte]

As canecas son feitas tradicionalmente de cerámica, mais hoxe en día existen canecas de vidro resistente a choques térmicos, de plástico ou de metais, como aceiro e aluminio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver a definición de caneca no dicionario da Real Academia Galega.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caneca