Candidatures d'Unitat Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Candidatures d'Unitat Popular (CUP)
Confederación de asembleas locais
Dirixentes e organización
Líder David Fernàndez (portavoz)
Historia
Fundación 1986
Posicións políticas
Ideoloxía Independentismo catalán
Pancatalanismo
Anticapitalismo
Socialismo
Ecoloxía
Feminismo
Representación
Representación 3 deputados (Parlamento catalán)
Outros datos
Sede Plaça de Gispert, 4, 1r Manresa
Páxina web www.cup.cat

As Candidaturas d'Unitat Popular, (coñecidas tamén por as súas siglas, CUP) (en galego Candidatura de Unidade Popular) son un partido político independentista catalán de esquerdas. Compóñense de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá.[1] Tradicionalmente, preséntanse só ás eleccións municipais, pero en 2012 decidiron presentarse as eleccións ao Parlamento Catalán.[2]

Defenden a conversión do que chaman Países Cataláns nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (con o consello como base da organización política).[3]

Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]