Candidatura Independiente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Candidatura Independiente
Data de fundación1994
Data de disolución2009
PaísEspaña
Na rede
http://www.candidaturaindependiente.com
editar datos en Wikidata ]

Candidatura Independiente-El Partido de Castilla y León (Candidatura Independente-O Partido de Castela e León en galego) (PCAL-CI) é un partido político español fundamentalmente activo en Valladolid. Defínese como un partido de centro e progresista, pero tamén é de ideoloxía rexionalista castelanista. A súa actividade política limítase á Comunidade autónoma de Castela e León. En 2009 o partido anunciou a súa integración no Partido de Castilla y León, denominación do Partido Castellano na devandita Comunidade autónoma.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Nas eleccións autonómicas de 1999 tivo 810 votos (0,48%)e 9 concelleiros, e nas eleccións autonómicas de 1995 2.199 votos (0,14%).

Nas eleccións municipais do 25 de maio de 2003 presentáronse nas provincias de Valladolid, Palencia e Zamora, obtendo 13.977 votos e 65 concelleiros. Nas eleccións autonómicas da mesma data, obtiveron 11.800 votos (0,73%) sendo a sexta forza política de Castela e León.

Candidatura Independiente tivo os seus mellores resultados nas eleccións autonómicas do ano 2007, pois acadou a cifra de 16.435 votos (1,10%), converténdose na quinta forza política de Castela e León nesas eleccións. Nas municipais dese ano obtiveron 19.885 votos e 149 concelleiros.

En 2011, Candidatura Independiente decidiu unirse á unha coalición de partidos rexionalistas e independentes liderados polo PCAS chamada PCAL-CI[1]. Porén, Candidatura Independiente finalmente rompeu o acordo e non se integrou no PCAL, pero participou nas eleccións municipais e autonómicas de 2011 baixo as siglas PCAL-CI[2], o que provocou que o PCAL acusará a CI de apropiarse das súas siglas.

Nas elección a Cortes de Castela e León de 2011 e ás Cortes Xerais de 2011 presentouse dentro da candidatura: Partido de Castilla y León (PCAL) / (PCAL-CI).

Nas eleccións autonómicas e municipais de 2015, CI presentou unha candidatura conxunta coa marca branca de partidos locais e independentes Ciudadanos de Centro Democrático (CDC), presentandose ás eleccións baixo as siglas CI-CDC. Isto xerou unha polémica polo uso do cor laranxa, dun logotipo e dun nome parecido ao de Ciudadanos (C's). C's en Castela e León denunciou o plaxio das súas siglas que ,segundo a súa opinión,CI-CDC estaba a facer[3]. C's levou a súa denuncia perante a Xunta electoral, pois entendía que o logotipo de CI-CDC podía provocar confusión, porén a súa denuncia foi rexeitada pola propia Xunta electoral[4]. CI-CDC presentou candidaturas en 54 concellos de Valladolid e ás Cortes de Castela e León. O partido logrou uns bos resultados electorais (aínda que foron inferiores aos obtidos nos comicios anteriores), pero ficou a dúbida se unha parte do seu éxito debeuse á confusión xerada pola semellanza das súas siglas coas de C's[5].

Resultados eleccións ás Cortes de Castela e León de 2011: Escanos: 0, votos: 24.330, porcentaxe: 1,7%

Resultado eleccións municipais de Castela e León de 2011: Concelleiros 78, votos: 14.896, porcentaxe: 1,03%

Resultados eleccións ás Cortes de Castela e León de 2015: Escanos: 0, votos: 12.735 , porcentaxe: 0,94%

Resultado eleccións municipais de Castela e León de 2015: Concelleiros 40, votos: 13.593 , porcentaxe: 0,99%

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.elnortedecastilla.es/v/20110206/valladolid/pcal-presentara-cien-listas-20110206.html
  2. http://www.elnortedecastilla.es/v/20110205/valladolid/coalicion-pcal-presenta-candidaturas-20110205.html
  3. http://www.eldiadevalladolid.com/noticia/Z9D090C6D-C880-BF45-B753BD5AFCF88539/20150318/cs/ciudadanos/estudia/denunciar/ciciudadanos
  4. http://www.diariodeavila.es/noticia/Z8249B48C-E16F-8141-171829C85A71585C/20150531/ciudadanos/renuncia/negociaciones/bloque/acuerdos/legislatura
  5. http://www.eldiadevalladolid.com/noticia/Z5413FF91-9177-32C6-A18C7E2F5E354610/20150525/candidatura/independiente/casi/duplica/votos/obtenidos/upyd/vox