Candín, Candín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCandín, Candín

Localización
Mapa
 42°49′00″N 6°43′49″O / 42.8167081, -6.7302274Coordenadas: 42°49′00″N 6°43′49″O / 42.8167081, -6.7302274
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioCandín Editar o valor em Wikidata

Candín é unha parroquia do concello ancarés de Candín, cabeceira e principal núcleo urbano do termo municipal da bisbarra do Bierzo e na provincia de León. Segundo datos do INE no ano 2012 tiña 54 habitantes[1]. A economía da vila vive principalmente de satisfacer a demanda de servizos básicos como a sanidade e o relacionado coa administración local. A hostalaría tomou un papel puxante nos últimos tempos grazas aos bares do lugar, así como tamén grazas aos aloxamentos rurais, que nos últimos anos se abriron para acoller aos excursionistas e turistas, que toman como punto de partida este lugar para coñecer os Ancares[2]. A gandaría -especialmente a vacina-, do mesmo xeito que no resto do concello, ten grande importancia na economía desta poboación[3]. A lingua que falan os habitantes deste lugar é un dialecto do galego chamado ancarés.

Servizos[editar | editar a fonte]

Ao ser a cabeceira do concello, Candín acolle a casa consistorial, o consultorio médico, o centro de ATS, un telecentro de Internet rural, unha farmacia, un estanco, dous bares, un fogar do xubilado, un alberge e unha casa rural. No edificio da casa consitorial, encóntranse o Concello, o consultorio médico e o telecentro de Internet rural. Todo isto converte a Candín no centro comercial e de servizos do concello[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A vila divídese en dúas zonas: a zona baixa xunto á estrada coñecida como O Barracón, é a zona onde se atopan todos os servizos comerciais e turísticos do lugar. A outra zona é a zona alta, onde se encontran os edificios máis históricos da vila. Destaca a igrexa dedicada á Virxe das Angustias, patroa do lugar. A casa consistorial atópase xusto a medio camiño entre os dous barrios[4]. A arquitectura do lugar é coma a das demais parroquias dos Ancares: casas feitas en cachotaría e tellados de lousa. Moitas casas do lugar foron reformadas ou reconstruídas polos seus propietarios, perdendo desta forma os trazos de arquitectura tradicional[2].

O máis interesante do seu patrimonio encóntrase aos arredores. As fontes de auga mineral do Fumeixin están preto da zona urbana, e chégase a elas por un sendeiro. A contorna de Riu Seco, un río que en verán permanece seco, tamén se encontra nas proximidades do lugar. Tamén aos arredores da vila, atópase unha zona de patrimonio arqueolóxico coñecida coma as explotacións auríferas romanas das Murocas[5]. O Alto do Mirandelo, que conecta ao val dos Ancares co veciño val do Burbia, tamén se sitúa preto deste lugar. Nas proximidades das poboacións veciñas de Pereda de Ancares e Vilarbón, atópase o Couto de Candín, onde os excursionistas e veciños adoitan ir a pescar[2].

Festas[editar | editar a fonte]

Este lugar de Candín celebra varias festas relixiosas ao longo do ano: A Cruz en xuño, San Quintín en outubro, e Santa Bárbara en decembro[6].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información General de Candín". Hispacasa.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Candín de Ancares". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Candín. Ayuntamiento". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  5. "candín los ancares león". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2013. 

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.