Campus de Ponferrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campus de Ponferrada
Tipocampus
Data de fundación1996
EnPonferrada
PaísEspaña
42°33′03″N 6°34′53″O / 42.550972222222, -6.5813055555556
Na rede
http://campusdeponferrada.unileon.es/
editar datos en Wikidata ]

O campus de Ponferrada é a área onde se imparten estudos universitarios na vila leonesa de Ponferrada.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezou a impartir docencia no curso 1996/1997, despois de anos de reivindicacións para que O Bierzo se dotase de institucións universitarias. Para iso, reaproveitouse o edificio do antigo Hospital do Camiño de Santiago, baleiro despois do seu traslado a un edificio de nova planta.

A actividade no Campus ponferradino iniciouse con só 149 alumnos[1]; hoxe,[cando?]supera os 1 500,[Cómpre referencia] tras anos en que a sede berciana foi aumentando o seu abano de titulacións, ao tempo que dotándose de novas e máis modernas infraestruturas; entre elas, novos edificios para servizos, institutos de investigación, cafetaría...

Titulacións do Campus de Ponferrada[editar | editar a fonte]

Na actualidade, o abano de titulacións impartidas en Ponferrada inclúe:

  • Enxeñaría Técnica en Topografía.
  • Enxeñaría Técnica Forestal.
  • Enxeñaría Técnica Agrícola: especialidade Industrias Agrarias e Alimentarias.
  • Enfermaría (anexa ao campus).
  • Fisioterapia.
  • Turismo (privado) (a partir do ano 2010 desaparece como oferta)[2]

O Título Propio de Grao Medio en Cinematografía e Artes Visuais, hoxe envolvido en certa polémica pola posibilidade da súa conversión en título de formación profesional coa entrada en vigor do Espazo Europeo de Educación Superior, é un dos máis atractivos da institución académica e contou coas leccións maxistrais de cineastas do talle de Woody Allen ou Alejandro Amenábar, entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Campus de Ponferrada llega a una cifra histórica desde 1996 con más de 1.100 matrículados". Diario de León (en castelán). 27 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  2. "La ULE confirma que Ponferrada pierde el próximo curso el título de Turismo". Diario de León (en castelán). 16 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]