Campos de xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campos de xeo Sur vistos dende o glaciar Grey, Chile.
Lago Grimsvötn no glaciar Vatnajökull, Islandia.

Campos de xeo (tamén capa de xeo) é o nome que reciben diversas masas de xeos continentais. Os campos de xeo son extensas áreas mesetosas rochosas cubertas por un manto de xeo, as súas marxes forman ventisqueiros que desembocan, a través de fiordes e canles, ao mar ou algún lago. Os campos de xeo sitúanse principalmente nas zonas polares e patagónicas e cobren diversos accidentes xeográficos, como lagos ou enormes cordóns montañosos.

Os xeógrafos falan de campos de xeo cando a extensión cuberta por xeos e neves supera ou rolda os 50.000 km² e de inlandsis (ou xeo continental propiamente dito), cando as cubertas glaciares superan o millón de quilómetros cadrados (na actualidade existen dous inlandsis, o antártico e o groenlandés).

Segundo estudos xeolóxicos e glaciolóxicos, os campos de xeo serían restos de áreas englaciadas de moito maior tamaño formadas durante a última glaciación. Estes campos de xeo son as principais reservas de auga potable do mundo, polo que teñen un gran valor estratéxico. Na actualidade, a superficie ocupada polo xeo de xeito permanente acada os 15 millóns de km², un 10% da superficie da Terra.[1][2]

Principais campos de xeo[editar | editar a fonte]

Os principais campos de xeos son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Melendez, Bermudo; Fuster, Jose María (1978). Geología (en castelán) (4ª ed.). Madrid: Paraninfo. p. 141. ISBN 84-283-0956-6. 
  2. Coenraads, Robert R.; Koivula, John I. (2008). Margaret Olds, ed. Geológica, las fuerzas dinámicas de la Tierra (en castelán). Alemaña: H.F. Ullmann. ISBN 9783833143793. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]