Campo de internamento de Vernet d'Ariège

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo de internamento Vernet d'Ariège (maqueta).

O Campo de intenamento de Vernet d'Ariège (1918-1944) está situado nos pre-pireneos franceses, entre as vilas de Le Vernet e Saverdun, no Ariège.

Historia[editar | editar a fonte]

Campo de internamento Vernet d'Ariège

Foi edificado inicialmente en 1918 para prisioneiros austríacos durante a Primeira Guerra Mundial, e no período de entreguerras foi utilizado como deposito de material.

Ampliouse e cobrou importancia ó pasar a ser considerado como campo de acollida pola Commission de recherche de camps de concentration et de rassemblement reunida en Foix en 1939 para confinar nun principio ós aproximadamente 10.000 combatentes españois da Columna Durruti que, logo da derrota da Segunda República Española, traspasaran a fronteira con Francia e se encontraban recluídos en Latour-de-Carol. Os primeiros internados chegaron o 10 de febreiro. Pouco despois ampliouse en número de recluídos, pasando a ser un campo disciplinario, ó internar a refuxiados procedentes doutros campos e prisións da costa mediterránea francesa, cualificados polas autoridades francesas como republicanos españois «extremistas», e combatentes das Brigadas Internacionais.

A partir de setembro de dito ano e, sobre todo despois de declararse a Segunda Guerra Mundial, foron internados tódolos estranxeiros considerados sospeitosos ou perigosos para a orde pública en Francia: xudeus, intelectuais antifascistas de tódalas nacionalidades: alemáns, franceses, iugoslavos, españois, italianos, rusos, belgas... Estaban mantidos en condicións infrahumanas, descritas polos escritores Max Aub e Arthur Koestler, internados nese campo de concentración, nos seus libros respectivos, Manuscrito cuervo. Historia de Jacobo e Las heces de la tierra.

O campo dividíase en tres zonas con diferencias en canto a «comodidades» e separadas por arames: a A para criminais comúns, a B para internados políticos, e a C para sospeitosos ou perigosos «indesexables para a orde pública» política.

A división do xeneral alemán Ernst Kundt confinou a 3.728 persoas o 17 de agosto de 1940.

Estación ferrocarril Vernet d'Ariège (placa)

Desde 1942 foi utilizado pola Gestapo como campo de tránsito para xudeus, baixo o réxime de Vichy. En xuño de 1944 foron evacuados os últimos internados, os homes deportados ó Campo de concentración de Dachau e as mulleres conducidas ó de Ravensbrück. En resumo, preto de 40.000 persoas de 58 nacionalidades distintas foron internadas neste campo, homes principalmente, pero tamén mulleres e nenos nos últimos anos.

En 1970 foron demolidos os cuarteis e edificios do campo; só se conservaron o camposanto e a estación. Actualmente, nos terreos onde estaba situado o campo hai un memorial cun monólito recordando a existencia do campo coñecido especialmente por internar ós refuxiados españois e posterior transformación en campo represivo, colocado en 1992, e a antiga estación de tren, que se encontra á beira da estrada nacional N-20 ó norte de Pamiers. Sobre os carrís consérvase un antigo vagón, idéntico ós que transportaron ós internados ós campos de exterminio. Nunha parede exterior da estación, unha placa recorda ós corenta nenos xudeus, de entre 2 e 17 anos, que foron deportados desde Vernet a Auschwitz o 1 de setembro de 1942.

Na vila de Le Vernet hai un museo dedicado á memoria desta etapa da historia.

Prisioneiros coñecidos[editar | editar a fonte]

Memorial Vernet d'Ariège

Algúns dos prisioneiros internados n campo de internamento de Vernet:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Febres, Grando, Queralt.Camps du mépris. Des chemins de l’exil à ceux de la résistance (1939-1945). Perpignan, Trabucaire, 1991
  • Arthur Koestler. Las heces de la tierra. 1941.
  • Max Aub. Manuscrito cuervo. Historia de Jacobo. Max Aub y herederos. ISBN 84-923858-5-5
  • Benito Bermejo. Francisco Boix, el fotógrafo de Mauthausen. Fotografías de Francisco Boix y de los archivos capturados a los SS de Mauthausen. Barcelona, RBA Libros, 2002. ISBN 978-84-7901-847-4
  • Office National des Anciens Combattants (ONAC) BP. 61 - 09008 Foix Cedex
  • Amicale des Anciens Internés du camp du Vernet d'Ariège - 09700 Le Vernet d'Ariège
  • Ministére de la Defense DMPA (Secrétariat Général pour l'Administration) (Francia)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Campo de internamento de Vernet d'Ariège