Electromagnetismo
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O electromagnetismo é unha disciplina que estuda os fenómenos asociados á existencia de cargas e correntes eléctricas. Máis concretamente os campos e forzas eléctricos e magnéticos a elas asociados.
Toda a teoría do electromagnetismo constrúese a partir das ecuacións de Maxwell, as leis que rexen o comportamento dos campos eléctricos e dos campos magnéticos. A súa forma rigorosa é a que se ten no marco da teoría da relatividade e máis da física cuántica.
O electromagnetismo adoita ser dividido en diferentes campos de coñecemento, segundo as condicións ou restricións que se impoñan no seu desenvolvemento.
Así, se se consideraren cargas fixas, estase a facer Electrostática, se en troques se consideran correntes estacionarias estase a facer Magnetostática; e cando se consideran situacións diferentes, con correntes eléctricas non estacionarias e daquela situacións nas que se producen radiación -guiado ou propagación libre de ondas- ou resonancias en cavidades, entón estase a facer Electrodinámica. Se esta se fai no marco da versión clásica das ecuacións de Maxwell, trátase da Electrodinámica clásica, se porén se considera o marco da física cuántica, estaremos a falar de Electrodinámica cuántica.
Esquematicamente:
[editar] Historia
| As catro forzas fundamentais da Física | |
|---|---|
| Forza gravitatoria | Forza electromagnética | Interacción nuclear forte | Interacción nuclear débil | |