Campito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°32′04″S 58°40′18″W / 34.53444°S 58.67167°W / -34.53444; -58.67167

O Campito, coñecido tamén como Los Tordos foi un dos principais centros clandestinos de detención (CCD), instalacións segredas empregadas polas forzas armadas e de seguridade para executar o plan sistemático de desaparición de persoas da ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional, durante a chamada Guerra sucia en Arxentina (1976-1983).

O CCD utilizouse polo exército e funcionou en Campo de Mayo (San Miguel, Gran Bos Aires, Provincia de Bos Aires), a máis importante guarnición militar de Arxentina. Foi o principal centro militar de operacións para levar adiante os golpes de estado militares que se realizaron no curso do século XX. Por alí pasaron uns 5.000 detidos. Só 43 sobreviviron.

En Campo de Mayo, desde marzo de 1976 ata 1980 funcionaron catro CCD:

  • O "Campito" ou "Los Tordos"
  • "La Casita" ou "Las Casitas"
  • Prisión militar de encausados "Campo de Mayo"
  • Hospital Militar de Campo de Mayo

Localización[editar | editar a fonte]

Campo de Mayo é unha enorme área militar de 5.000 hectáreas, a 30 km do centro da Cidade de Bos Aires. Localizado cerca das cidades de San Miguel e Villa Mayo, na zona onde se cruzan a RN 8 e a Ruta Provincial 202, que o bordean.

Nas súas instalacións funcionaban o Comando de Institutos Militares, a escola de Intelixencia, o destacamento de Intelixencia 201, a Escola de Cabalería, a Escola de Infantería, a Escola de Enxeñeiros, a Escola de Comunicacións, a Escola de Artillería, a Escuela de Suboficiais Sarxento Cabral, a Escola de Servizos de Apoio de Combate Xeneral Lemos, o Batallón de Aviación do Exército 601, o Hospital Militar de Campo de Mayo, a prisión militar, a Escola de Xendarmería.

O CCD se atopaba dentro de Campo de Mayo, nunha zona coñecida como "Los Tordos", entre o Polígono de Tiro e o Aerodormo de Campo de Mayo.

No Hospital Militar de Campo de Mayo funcionou un sistema de partos clandestinos.

Denominación[editar | editar a fonte]

Campo de Mayo, Campito ou Los Tordos

Época de funcionamento[editar | editar a fonte]

O Campito funcionou desde marzo de 1976 ata unha data sen determinar de 1982.

Responsábeis[editar | editar a fonte]

En Campo de Mayo tiña a súa base o Comando da Zona 4, unha das cinco zonas militares nas que se dividira o país. A Zona 4 estaba baixo a responsabilidade do Comando de Institutos Militares. Abarcaba o control dos partidos bonaerenses de Escobar, Xeneral Sarmiento, Xeneral San Martín, Pilar, San Fernando, Tigre, Tres de Febrero e Vicente López. Non tiña subzonas, senón que cada un dos Institutos Militares estaba a cargo dunha "Xefatura de Área".

O Comando de Institutos Militares estivo ao mando dos seguintes xenerais:

  • Santiago Omar Riveros, desde setembro de 1975
  • José Montes, desde febreiro de 1979
  • Cristino Nicolaides, desde decembro de 1979
  • Reynaldo Benito Antonio Bignone, desde decembro de 1980

Os subcomandantes foron os xenerais:

  • Carlos Alberto Dalla Tea, desde setembro de 1975
  • Fernando Humberto Santiago, desde xaneiro de 1976
  • Reynaldo Benito Antonio Bignone, desde decembro de 1976
  • Antonio Domingo Bussi (1), desde decembro de 1977
  • Edmundo René Ojeda, desde xaneiro de 1979
  • Reynaldo Benito Antonio Bignone, desde setembro de 1980

O xefe de Intelixencia desde xaneiro de 1976 foi o coronel Fernando Ezequiel Verplaetsen.

Os catro CCD que estiveron dentro de Campo de Mayo foron dirixidos por:

  • O "Campito" ou "Los Tordos": tenente coronel Jorge Vosso
  • "La Casita" ou "Las Casitas": coronel Fernando Ezequiel Verplaetsen desde 1975 ata 1977; remprazado polo coronel Nedo Otto Cardarelli ata 1980.
  • Prisión militar de encausados "Campo de Mayo": comandante de Xendarmería Darío Correa.
  • Hospital Militar de Campo de Mayo: Ramón Posse ata decembro de 1977.

Distribución[editar | editar a fonte]

O LRD[editar | editar a fonte]

Ao "Campito" chegábase por unha rúa de terra arbolada. Era unha área de 100 metros de ancho por uns 150 metros de longo. As instalacións eran tres grandes edificios antigos, dous de chapa e un de material. O exército denominábao Lugar de Reunión de Detidos (LRD). Non tiña baños.

Muy cerca de la entrada estaba la construcción de mampostería a la que llamaban "Pabellón N° 1". Allí funcionaban la jefatura del campo -a cargo de un coronel del Ejército-, el comedor, una cocina y un baño para uso exclusivo del personal de la guarnición. En el mismo edificio se encontraban las tres salas de tortura y una habitación destinada a enfermería. De esta manera, "los represores comían, dormían y torturaban bajo el mismo techo"[1].

Os GT 1 e 2 tiñan asignadas as salas de tortura que estaban baixo o seu control.

Os prisioneiros aloxábanse en dous pendellos de chapa. Anteriormente usáranse como corte para os cabalos dos soldados durante as manobras militares e finalmente as instalacións demoléronse en 1982 e 1983.

O hospital militar[editar | editar a fonte]

Mural sobre os desaparecidos nos campos, frente ao Club Atlético

O Hospital Militar de Campo de Mayo foi detectado como un dos centros nos que se realizaban partos clandestinos de prisioneiras, para proceder logo ao secuestro dos nenos, a supresión da súa identidade e a entrega dos mesmos, usualmente a matrimonios integrados por militares que non podían ter fillos. En moitos casos os "padres adoptivos" foron partícipes dos asasinatos dos pais e nais biolóxicos dos nenos.

O xeneral Martín Balza informou que o Exército tiña un Reglamento para establecer o procedemento cos nenos dos detidos-desaparecidos e en especial os nacidos en cativerio, que está tomado dun similar do Exército dos Estados Unidos que puido ter sido usado en Vietnam (Vieiras).

As mulleres detidas-desaparecidas que se atopaban embarazadas eran mantidas con vida. No momento do parto eran levadas ao Hospital Militar. Alí entraban polo Pabellón de Epidemioloxía, onde permanecían cos ollos vendados e maniatadas e se lles inxectaba suero para acelerar o parto que era sempre realizado por cesárea que se realizaba nas salas de Xinecoloxía e Obstetricia.

Tras o parto se afastaba aos nenos e as nais eran levadas novamente aos centros clandestinos.

O maior médico Julio César Caserotto foi xefe do servizo de Maternidade de Campo de Mayo desde xaneiro do 77, ata decembro do 83.

Por outra parte, o ex capitán José Luis D’Andrea Mohr, que realizou unha extensa investigación sobre estos feitos, comentou en varios programas de radio que “de ninguna manera pudieron operar como maternidades clandestinas el Hospital Militar Central y el de Campo de Mayo, si no hubiera existido un plan”.

Abel Madariaga, un dos querellantes da causa que investiga Marquevich e que puxo sobre o tapete a conexión local da detención do ex-xeneral Jorge Videla (La Hoja Nº 462), supón que Pablo Bianco é o seu fillo (ver Itinerario de dúbidas).

O ex maior médico Norberto Bianco, agora detido na cárcere de Caseros xunto a Videla, sustraxera a Pablo dun dos partos que se realizaron no hospital militar de Campo de Mayo.

Os familiares dos nenos secuestrados iniciaron accións xudiciais para que se investiguen aqueles secuestros. Un dos casos máis importantes é o que iniciou Abel Madariaga denunciando ao ex maior médico Norberto Bianco, entón xefe de Epidemioloxía do Hospital Militar de Campo de Mayo como o secuestrador do seu fillo nacido durante o cautiverio da súa nai, Silvia Quintela [2], en xullo de 1977.

Abel Madariaga sostén que o bebé foi anotado co nome Pablo Bianco. En 1986, Bianco fuxiu coa súa muller e fillos (a outra nena é probábel que tamén sexa unha filla de desaparecidos) e fuxiu a Paraguay. Bianco e a súa muller foron extraditados a Arxentina en 1997, e condenados por roubo de menores. Os nenos, permaneceron en Paraguay e ambos se casaron sendo adolescentes para adquirir a maioría de idade. Opóñense terminantemente a realizarse exames de ADN.

Durante[editar | editar a fonte]

Ao chegar ao campo se lle asignaba un número a cada prisioneiro que era pintado na capucha coa que permanecían constantemente. Os torturadores iban aos galpóns e chamaban ao prisioneiro polo seu número para levarlo á sala de tortura.

O ex sarxento Víctor Ibañez que foi garda no Campito describe a situación:

Cuando entré al lugar, lo primero que me golpeó fue la imagen de toda esa gente así, encerrada ahí adentro. Los colchones, tirados sobre el piso de baldosas rojas, con las cabeceras apoyadas contra las paredes. Uno al lado del otro, en una hilera que daba toda la vuelta a lo largo del galpón. Todas las ventanas estaban tapadas con mantas verdes que no dejaban entrar la luz del sol. Las lámparas estaban siempre encendidas, nunca se sabía cuándo era de día y cuándo de noche (1). Arriba de cada uno de esos colchones de lana viejos, de contín rayado, estaban sentados los detenidos. Encapuchados, con las manos atadas por delante con una soga y en absoluto silencio.[3].

Os pavillóns estaban clasificados pola importancia que se asignaba aos detidos e pola organización á que pertencía. Eran os interrogadores os que decidían a localización. O Campito caracterizouse polo uso de cans para torturar, controlar e aterrorizar aos detidos.

Na súa totalidade, o campo tiña unha capacidade para uns 200 detidos simultáneamente. Basicamente o os detidos eran interrogados baixo tortura desde o momento de chegar e durante un tempo que podría variar entre 15 días e dous meses. Logo eran asasinados. Só 43 persoas sobreviviron ao seu paso polo Campito.

O caso de Floreal Avellaneda, 13 anos:

En su edición del 16 de mayo de 1976, bajo el título "Cadáveres en el Uruguay", el desaparecido diario "Ultima hora" informó que ocho cadáveres habían aparecido flotando en las costas uruguayas. Según la crónica, en un comunicado oficial de la Prefectura Nacional Naval del Uruguay, se informó que el último de los cadáveres encontrados era de sexo masculino, cutis trigueño, cabello castaño oscuro, de un metro sesenta de estatura. Como seña particular se encontró un tatuaje en forma de corazón con las iniciales F y A. El cuerpo de Floreal Avellaneda apareció flotando en aguas del Río de la Plata, cerca de la costa uruguaya, el 15 de mayo de 1976, un mes después de que fuera secuestrado junto a su madre. Estaba atado de pies y manos con alambre. Tenía una profunda herida sin cerrar en una de sus piernas. Luego se comprobaría que había muerto a causa del 'empalamiento' al que fue sometido por los torturadores en El Campito. [4].

Algúns dos detidos vistos no Campito[editar | editar a fonte]

O feito de que case non houbera sobrevivintes do Campito fixo que foran moi poucas as persoas que se sabe con certeza que estiveron alí.

No Campito estiveron detidos e foron asasinados gran parte dos líderes e guerrilleiros do ERP (ao Exército lle correspondía combater ao ERP e é Mariña[5] combater a Montoneros, Cerrutti. Entre eles Roberto Santucho, Mariano Urteaga e Domingo Menna. Tamén estiveron alí Miguel Lizaso (Director do xornal El Descamisado), Hector Oesterheld (o autor de "Eternauta"), Roberto Quieto (líder de Montoneros), entre outros.

Despois[editar | editar a fonte]

Campo de Mayo, logo das reformas militares realizadas con posterioridade a 1983, e a anulación das hipóteses de guerra que existían antes desa data (Brasil, Chile) é considerado hoxe como innecesario para un establecemento militar. Na década dos anos 1990 se instalou alí un sector de entrenamento para os Cascos Azuis.

Presentáronse proxectos para establecer alí un polo industrial, crear centros de estudos terciarios e universitarios, manterlo como reserva ecolóxica, etc.

Actualmente, a prisión militar que existe en Campo de Mayo é o lugar de detención de moitos dos militares detidos por delitos cometidos durante o Proceso de Reorganización Nacional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Almirón, Fernando (1999). Campo Santo; testimonios del ex sargento Victor Ibáñez. ISBN 987-97022-8-X (Libro completo). 
  • Andersen, Martin Edwin (2000). Dossier Secreto. ISBN 950-07-1863-4. 
  • Uriarte, Claudio (1991). Almirante Cero. ISBN 950-742-134-3. 
  • Cerrutti, Gabriela (Xaneiro 1998). "Entrevista a Alfredo Astiz". Tres Puntos. 
  • Veiras, Nora (Xaneiro 1998). "Había un reglamento de lucha antisubversiva, entrevista a Martín Balza". Página 12 (12 de xuño). 

Outros artigos[editar | editar a fonte]