Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato Portugués de Rugby é a liga de rugby de Portugal. A Divisão de Honra, chamada Campeonato Super Bock por razóns de patrocinio, é a máxima categoría sénior masculina. O torneo naceu na tempada 1958/59, e na actualidade conta con 10 equipos. O club máis laureado é o CDUL, que gañou 18 títulos, entre eles o da última edición.
A fudación da Federación Portuguesa de Rugby (FPR), o 23 de Setembro de 1957, e a toma de posesión dos Corpos Sociais da Federación polo seu socio fundador, a Asociación de Rugby de Lisboa (ARL), terminando deste xeito a súa actividade en Xullo de 1958, levaron a que a primeira edición do campionato portugués de rugby, chamado Campeonato de Portugal se realizase na tempada 1958-59; o campión foi o CF Os Belenenses. Nesa época, nove equipos sénior loitaran polo título, sendo catro universitarios e todos da rexión de Lisboa, coa excepción da AA Coimbra. Foi tamén nesa tempada na que tivo lugar a primeira edición da Copa de Portugal.
| Novas categorías |
| Categorías |
Idades |
Ano de creación |
| Juniores |
dos 17 aos 19 anos |
1963 |
| Xuvenís |
dos 15 aos 16 anos |
1964 |
| Iniciados |
dos 13 aos 14 anos |
1969 |
| Infantís |
dos 11 aos 12 anos |
1973 |
| Benxamíns |
dos 8 aos 10 anos |
1988 |
Nas décadas dos anos '60 e '70, viviuse un grande crecemento na práctica do rugby en Portugal; os clubs universitarios eran cada vez máis, e a implantación do rugby cara ao Norte e cara ao Sur de Lisboa foron determinantes. Despois de 1974, coa Revolución dos caraveis, á par doutras modalidades deportivas, o rugby ten un grande crecemento debido á creación de categorías inferiores, que posibilitaron a prática deste deporte por parte dos máis xoves. En 1965, produciuse a primeira edición da Copa Ibérica que puña fronte a fronte aos campións e subcampións de Portugal e España.
Con todo, este crecemento coincidiu cun período, entre 1974 e 1979, no que os séniores deixaran de competir internacionalmente, atrasando o nível competitivo da modalidade no país luso. A aposta nas seleccións nacionais dos máis xoves, e o contacto con equipos semellantes do estranxeiro, formaran umha vasta gama de bos xogadores, que nas décadas de 1980 e 1990 contribuisen para unha mellora da calidade do rugby portugués.
A partir de 1990 o rugby entrou nunha fase menos boa da súa evolución en Portugal; os impulsos na modalidade, nos anos 70 polo Estado, e despois, nos anos '80, polas asociacións de rugby nacionais, deixaran de ser tan abundantes. O reducido número de praticantes (eran 2008 en 1995, dos cales un terzo eran séniores) atrasou moito o desenvolvemento. A pesares das dificultades, nese ano a creación do rugby feminino e unha posible profesionalización da modalidade, veñen darlle un novo alento ao rugby portugués.
Tempada actual[editar]
A partir da tempada 2012-13, o formato do torneo pasa a contar con 10 equipos e está composto por dúas fases. A primeira consiste nunha liga regular de 20 xornadas na que cada equipo xoga contra todos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Trala liga regular dispútanse as eliminatorias finais. Os 2 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputan directamente as semifinais polo título. Os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª tamén disputan o título, pero comezan cunha eliminatoria de cuartos de final. Por outra banda, os 4 últimos clasificados da táboa disputan as eliminatorias pola permanencia, tralas que ten que descender un equipo.
- Eliminatorias polo título
|
Cuartos de Final |
|
Semifinais |
|
Final |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No campo do 4º |
|
No campo do 2º |
|
|
Campo neutral |
|
|
[2º] |
- |
|
[4º] |
- |
|
Gañador [4º] vs [5º] |
- |
|
|
[5º] |
- |
|
|
No campo do 1º |
- |
- |
|
No campo do 3º |
|
|
- |
- |
|
[3º] |
- |
|
Gañador [3º] vs [6º] |
- |
|
|
[6º] |
- |
|
|
[1º] |
- |
|
|
- Eliminatorias pola permanencia
| |
Semifinais |
|
Final |
| |
|
|
|
|
|
|
|
No campo do 7º |
|
[7º] |
- |
|
|
[10º] |
- |
|
|
|
|
|
Campo neutral |
|
|
|
Perdedor [7º] vs [10º] |
- |
|
|
Perdedor [8º] vs [9º] |
- |
|
|
|
|
|
|
|
No campo do 8º |
|
|
[8º] |
- |
|
|
[9º] |
- |
|
|
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
Outros artigos[editar]