Campionato mundial de snooker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
World Snooker Championship Trophy edited.jpg

O Campionato mundial de snooker ou World Snooker Championship é unha competición de snooker que reúne os 16 mellores clasificados do Ranking Mundial e outros 16 xogadores. O torneo celébrase todos os anos desde 1927 e actualmente ten lugar no Crucible Theatre de Sheffield (Inglaterra). O actual campión (2012) é o ingles Ronnie O'Sullivan.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro campionato mundial foi organizado en 1927 por Joe Davis. Os partidos celebráronse en diversos lugares, e a final tivo lugar no Salón de Camkin, en Birmingham. O campionato foi gañado por Joe Davis, superando a Tom Dennis 20-11. O mellor break foi de 60 por Albert Cope.

Nos anos seguintes o campionato irase celebrando en diversos lugares. A pesar dun aumento no interese no snooker só houbo dous participantes para o campionato profesional de 1931. O evento foi organizado na trastenda dun pub de Nottingham, propiedade de Tom Dennis. O feito de que estaba xogando na súa propia mesa non axudou e Joe Davis gañou por 25-21 e acadou a súa quinta vitoria consecutiva. Joe Davis gañou ano a ano ata 1940, cando comezou a Segunda guerra mundial e durante a cal non houbo campionato. Retomado o torneo en 1946, Davis gañouno por 15 e última vez, e non volveu a participar no campionato do mundo aínda que continuou xogando como xogador profesional.

Walter Donaldson gañou en 1947, pero foi Fred Davis quen dominou os seguintes anos, ao gañar tres veces en 1948, 1949 e 1951.

De 1953 a 1963 non se celebrou o campionato. En 1964 o torneo reviviu cun formato de desafío a un único partido, un formato que durou ata 1968. Isto significaba que os partidos se levaban a cabo de forma irregular, ás veces máis dunha vez ao ano. John Pulman foi o dominador durante este período, e superou a todos os rivais sete veces en cinco anos.

O campionato volveu de novo a ser un torneo de eliminatorias en 1969. Ese ano foi gañado por John Spencer, pero foi Ray Reardon o que ía dominar nos seguintes anos, ao gañar seis veces entre 1970 e 1978.

1976 foi o primeiro ano no que ocampionato foi patrocinado pola marca de cigarros Embassy. Ao ano seguinte, o evento trasladouse ao Crucible Theatre de Sheffield no Reino Unido, e a BBC comezou a prestar maior cobertura de televisión. O Crucible (Crisol) ofrece un ambiente único para o torneo, tanto para os espectadores como para os espectadores de televisión. Ten unha capcacidade de menos dun milleiro de persoas, coa primeira fila de asentos só a uns poucos metros dos xogadores. Co tempo empezou a atraer unhas audiencias de televisión moi grandes, e para a maioría dos afeccionados o Crucible é sinónimo de snooker. Os xogadores de maior éxito no Crucible foron Steve Davis, quen gañou seis veces na década de 1980, e Stephen Hendry, quen gañou sete veces na década de 1990. Recentemente, o torneo foi máis aberto, con seis xogadores diferentes gañando na década do 2000. A máis famosa final ocorreu en 1985, cando Dennis Taylor batiu a Steve Davis 18-17 nun dos partidos máis rifados de todos os tempos.

O 27 de abril de 2009 confirmouse que o Campionato do Mundo quedaría no Crucible polo menos outros cinco anos (ata 2014).

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Joe Davis ten a marca de maior número de campionatos: 15.
  • O primeir break máximo foi alcanzado por Cliff Thorburn en 1983.
  • Ronnie O'Sullivan é o único xogador que conseguiu tres break máximos, é tamén o único en facer un break máximo e perder ese partido (contra Marco Fu en 2003).
  • Só catro gañadores non proceden do Reino Unido; (Horacio Lindrum e Neil Robertson Australia), Cliff Thorburn (Canadá) e Ken Doherty (Irlanda).
  • O campión máis novo é Stephen Hendry; tiña 21 anos en 1991.
  • O único que perdeu un partido sen gañar un só xogo foi Eddie Charlton que perdeu 10-0 contra John Parrot en 1992.

Lista de gañadores e finalistas[editar | editar a fonte]

Ano Vencedor Finalista Resultado Tempada
1927 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Tom Dennis 20 - 11 n/a
1928 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Fred Lawrence 16 - 13 n/a
1929 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Tom Dennis 19 - 14 n/a
1930 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Tom Dennis 25 - 12 n/a
1931 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Tom Dennis 25 - 21 n/a
1932 Inglaterra Joe Davis Flag of New Zealand.svg Clark McConachy 30 - 19 n/a
1933 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Willie Smith 25 - 18 n/a
1934 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Tom Newman 25 - 23 n/a
1935 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Willie Smith 25 - 20 n/a
1936 Inglaterra Joe Davis Australia Horace Lindrum 34 - 27 n/a
1937 Inglaterra Joe Davis Australia Horace Lindrum 32 - 29 n/a
1938 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Sidney Smith 37 - 24 n/a
1939 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Sidney Smith 43 - 30 n/a
1940 Inglaterra Joe Davis Inglaterra Fred Davis 37 - 36 n/a
1941 - 1945 interrupción
1946 Inglaterra Joe Davis Australia Horace Lindrum 78 - 67 n/a
1947 Flag of Scotland.svg Walter Donaldson Inglaterra Fred Davis 82 - 63 n/a
1948 Inglaterra Fred Davis Flag of Scotland.svg Walter Donaldson 84 - 61 n/a
1949 Inglaterra Fred Davis Flag of Scotland.svg Walter Donaldson 80 - 65 n/a
1950 Flag of Scotland.svg Walter Donaldson Inglaterra Fred Davis 51 - 46 n/a
1951 Inglaterra Fred Davis Flag of Scotland.svg Walter Donaldson 58 - 39 n/a
1952 Australia Horace Lindrum Flag of New Zealand.svg Clark McConachy 94 - 49 n/a
Challenge Matches
1964« Inglaterra John Pulman Inglaterra Fred Davis 19 - 16 n/a
1964 Inglaterra John Pulman Inglaterra Rex Williams 40 - 33 n/a
1965 Inglaterra John Pulman Inglaterra Fred Davis 37 - 36 n/a
1965 Inglaterra John Pulman Inglaterra Rex Williams 25 - 22 n/a
1965 Inglaterra John Pulman Flag of South Africa.svg Fred Van Rensburg 39 - 12 n/a
1966 Inglaterra John Pulman Inglaterra Fred Davis 5 - 2 n/a
1968 Inglaterra John Pulman Australia Eddie Charlton 39 - 34 n/a
Era pré-Crucible
1969 Inglaterra John Spencer Flag of Wales 2.svg Gary Owen 37 - 24 n/a
1970 Flag of Wales 2.svg Ray Reardon Inglaterra John Pulman 37 - 33 n/a
1971 Inglaterra John Spencer Australia Warren Simpson 37 - 29 n/a
1972 Alex Higgins Inglaterra John Spencer 37 - 32 n/a
1973 Flag of Wales 2.svg Ray Reardon Australia Eddie Charlton 38 - 32 n/a
1974 Flag of Wales 2.svg Ray Reardon Inglaterra Graham Miles 22 - 12 1973/74
1975 Flag of Wales 2.svg Ray Reardon Australia Eddie Charlton 31 - 30 1974/75
1976 Flag of Wales 2.svg Ray Reardon Alex Higgins 27 - 16 1975/76
Crucible Theatre
1977 Inglaterra John Spencer Flag of Canada.svg Cliff Thorburn 25 - 21 1976/77
1978 Flag of Wales 2.svg Ray Reardon Flag of South Africa.svg Perrie Mans 25 - 18 1977/78
1979 Flag of Wales 2.svg Terry Griffiths Dennis Taylor 24 - 16 1978/79
1980 Flag of Canada.svg Cliff Thorburn Alex Higgins 18 - 16 1979/80
1981 Inglaterra Steve Davis Flag of Wales 2.svg Doug Mountjoy 18 - 12 1980/81
1982 Alex Higgins Flag of Wales 2.svg Ray Reardon 18 - 15 1981/82
1983 Inglaterra Steve Davis Flag of Canada.svg Cliff Thorburn 18 - 6 1982/83
1984 Inglaterra Steve Davis Inglaterra Jimmy White 18 - 16 1983/84
1985 Dennis Taylor Inglaterra Steve Davis 18 - 17 1984/85
1986 Inglaterra Joe Johnson Inglaterra Steve Davis 18 - 12 1985/86
1987 Inglaterra Steve Davis Inglaterra Joe Johnson 18 - 14 1986/87
1988 Inglaterra Steve Davis Flag of Wales 2.svg Terry Griffiths 18 - 11 1987/88
1989 Inglaterra Steve Davis Inglaterra John Parrott 18 - 3 1988/89
1990 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Inglaterra Jimmy White 18 - 12 1989/90
1991 Inglaterra John Parrott Inglaterra Jimmy White 18 - 11 1990/91
1992 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Inglaterra Jimmy White 18 - 14 1991/92
1993 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Inglaterra Jimmy White 18 - 5 1992/93
1994 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Inglaterra Jimmy White 18 - 17 1993/94
1995 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Inglaterra Nigel Bond 18 - 9 1994/95
1996 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Inglaterra Peter Ebdon 18 - 12 1995/96
1997 Flag of Ireland.svg Ken Doherty Flag of Scotland.svg Stephen Hendry 18 - 12 1996/97
1998 Flag of Scotland.svg John Higgins Flag of Ireland.svg Ken Doherty 18 - 12 1997/98
1999 Flag of Scotland.svg Stephen Hendry Flag of Wales 2.svg Mark J. Williams 18 - 11 1998/99
2000 Flag of Wales 2.svg Mark J. Williams Flag of Wales 2.svg Matthew Stevens 18 - 16 1999/00
2001 Inglaterra Ronnie O'Sullivan Flag of Scotland.svg John Higgins 18 - 14 2000/01
2002 Inglaterra Peter Ebdon Flag of Scotland.svg Stephen Hendry 18 - 17 2001/02
2003 Flag of Wales 2.svg Mark J. Williams Flag of Ireland.svg Ken Doherty 18 - 16 2002/03
2004 Inglaterra Ronnie O'Sullivan Flag of Scotland.svg Graeme Dott 18 - 8 2003/04
2005 Inglaterra Shaun Murphy Flag of Wales 2.svg Matthew Stevens 18 - 16 2004/05
2006 Flag of Scotland.svg Graeme Dott Inglaterra Peter Ebdon 18 - 14 2005/06
2007 Flag of Scotland.svg John Higgins Inglaterra Mark Selby 18 - 13 2006/07
2008 Inglaterra Ronnie O'Sullivan Inglaterra Allister Carter 18 - 8 2007/08
2009 Flag of Scotland.svg John Higgins Inglaterra Shaun Murphy 18 - 9 2008/09
2010 Australia Neil Robertson Flag of Scotland.svg Graeme Dott 18 - 13 2009/10
2011 Flag of Scotland.svg John Higgins Inglaterra Judd Trump 18 - 15 2010/11
2012 Inglaterra Ronnie O'Sullivan Inglaterra Allister Carter 18 - 11 2011/12
2013 Inglaterra Ronnie O'Sullivan Inglaterra Barry Hawkins 18 - 12 2012/13

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]