Campionato de Fútbol de Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Zealand Football Championship
Fundación 2004
Rexión Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
Equipos 8
Actual campión Waitakere United
Máis laureado Waitakere United(5 titulos)
Emisión en televisión Sky Sports (Solo os playoffs)
Sitio web www.nzfc.co.nz
ASB Premiership 2011/12

O campionato de fútbol de Nova Zelandia (en inglés New Zealand Football Championship), coñecido por razóns de patrocinio como ASB Premiership, é a principal liga profesional de fútbol en Nova Zelandia.

Fundouse en 2004, incluíndo ás oito franquías que desde entón participaron en todas as tempadas, CAuckland City FC, Canterbury United, Hawke's Bay United, Otago United, Team Wellington, Waikato FC, Waitakere United e YoungHeart Manawatu. Estas oito franquías fundáronse en 2004 para poder participar deste campionato, a maioría son agrupacións de distintos equipos de determinadas rexións. Cada un representa unha rexión de Nova Zelandia.

A primeira tempada foi a 2004/05, na que o Auckland City FC alzouse co seu primeiro trofeo, algo que se repetiría nas dúas seguintes tempadas, 2005/06 e 2006/07. Pero en 2007/08, o Waitakere United cortaría coa hexemonía do Auckland City. A pesar diso, en 2008/09 Auckland City foi campión novamente, chegando así á suma de catro títulos. Os dous últimos torneos (2009/10 e 2010/11) foron gañados polo Waitakere United. A hexemonía destes dous equipos é moi grande, só o YoungHeart Manawatu, Team Wellington e Canterbury United puideron lograr segundos postos, xa sexa nos playoffs ou no torneo regular.

Un dos partidos máis importantes e atrayentes é o clásico de Auckland, que ten como protagonistas ao Auckland City e ao Waitakere United.

A liga dispútase nos meses de verán, para non interferir cos torneos de fútbol semiprofesionales que se disputan no inverno, e está organizada pola Asociación de Fútbol de Nova Zelandia.

Formato[editar | editar a fonte]

A competición é unha liga pechada a oito franquías deportivas, que representan ás rexións máis poboadas do país e están controladas por consorcios de clubs. Hai unha liga regular, con dúas roldas a ida e volta, e regulamento FIFA. Ao termo da mesma, os catro mellores clasifícanse para unha rolda eliminatoria, a dous partidos en semifinais e unha gran final a encontro único, que se celebra no estadio do equipo máis forte. Non hai ascensos nin descensos.

O equipo que vence na gran final proclámase campión de liga, e representará a Nova Zelandia na Liga de Campións da OFC. Do mesmo xeito, o campión da liga regular tamén obtén unha praza, e no caso de que un club gañe ambos os trofeos, a praza pasa para o perdedor da final. O campionato dispútase nos meses de verán, desde novembro ata abril, para non coincidir cos torneos semiprofesionales de inverno, nos que participan os clubs e asociacións que controlan as franquías.

Equipos Temporada 2013/14[editar | editar a fonte]

Equipos actuais
Equipo Cidade Estadio Capacidad Adestrador Ano ingreso Nome(s) anterior(es)
Auckland City Football Club Auckland Kiwitea Street 6.000 España Ramon Tribulietx 2004
Canterbury United Dragons Christchurch English Park 2.000 Inglaterra Keith Braithwaite 2004 Canterbury United Football Club
Hawke's Bay United Napier Bluewater Stadium 4.000 Inglaterra Matt Chandler 2004 Napier City Rovers
Otago United Dunedin Forsyth Barr Stadium 30.500 Escocia Richard Murray 2004
Team Wellington Wellington Newton Park 5.000 Flag of New Zealand.svg Matt Calcott 2004
WaiBOP United Hamilton Fred Jones Park 2.000 Flag of New Zealand.svg Mark Cossey 2004 Waikato Football Club
Waitakere United Waitakere Fred Taylor Park 10.000 Flag of New Zealand.svg Paul Marshall 2004
Selección Sub-20 de Nova Zelandia Por definirse Flag of New Zealand.svg Chris Milicich 2013
Equipos anteriores
Equipo Cidade Estadio Capacidad Último adestrador Ano ingreso Ano desafiliación
YoungHeart Manawatu Palmerston Norte Memorial Park 8.000 Flag of New Zealand.svg Stu Jacobs 2004 2013

Historia[editar | editar a fonte]

Situación dos clubs do campionato e da zona que representan.

As orixes da actual liga neozelandesa atópanse no primeiro campionato nacional de fútbol no país, a Liga Nacional de Nova Zelandia. A súa primeira edición tivo lugar en 1970 coa participación de oito clubs procedentes de torneos rexionais, que estaban integrados na súa maioría por xogadores amateur ou semiprofesionales. En 1992, a liga desapareceu por problemas financeiros, e probáronse ata catro formatos distintos, que non gozaron de continuidade. Entre outras razóns, os torneos non eran viables no económico polo escaso interese do público e a baixa profesionalización das entidades.

Finalmente, en 2003 creouse o sistema actual de liga, baseado en franquías deportivas e que se celebraría no verán. Os clubs participantes son entidades profesionais, xestionadas por consorcios de equipos que participan nos torneos invernais do país. As franquías poden colaborar con outros clubs, caso do Team Wellington, que mantén un convenio de colaboración con Wellington Phoenix, representante neozelandés na liga australiana. O sistema está controlado pola Asociación de Fútbol de Nova Zelandia, que supervisa a viabilidade económica das franquías e controla que a maioría de rexións do país estean representadas.


A primeira tempada foi a 2004/05, na que o Auckland City FC alzouse co seu primeiro trofeo, algo que se repetiría nas dúas seguintes tempadas, 2005/06 e 2006/07. Pero en 2007/08, o Waitakere United cortaría coa hegemonía do Auckland City. Malia iso, en 2008/09 Auckland City foi campión nuevamente, chegando así á suma de catro títulos. Os tres últimos torneos (2009/10, 2010/11 e 2011/12) foron gañados polo Waitakere United, alcanzando ao Auckland en cantidade de logros. A hegemonía destes dous equipos é moi grande, só o YoungHeart Manawatu, Team Wellington e Canterbury United puideron lograr segundos postos, xa sexa nos playoffs ou no torneo regular.

Campionatos[editar | editar a fonte]

Temporada Campión Resultado Subcampión Primeiro fase regular
2004/05 Auckland City FC 3-2 Waitakere United Auckland City FC
2005/06 Auckland City FC 3 (4)-(3) 3 Canterbury United Auckland City FC
2006/07 Auckland City FC 3-2 Waitakere United Waitakere United
2007/08 Waitakere United 2-0 Team Wellington Waitakere United
2008/09 Auckland City FC 2-1 Waitakere United Waitakere United
2009/10 Waitakere United 3-1 Canterbury United Auckland City FC
2010/11 Waitakere United 3-2 Auckland City FC Waitakere United
2011/12 Waitakere United 4-1 Team Wellington Auckland City FC
2012/13 Waitakere United 4-3 Auckland City FC Waitakere United

Premios[editar | editar a fonte]

Bota de ouro[editar | editar a fonte]

Aínda que o goleador do torneo é recoñecido desde a primeira edición, foi a partir de 2007 que se introduciu un premio para o xogador que conseguise devandito logro, o Golden Boot.

Temporada Xogador Equipo Goles
2004/05 Flag of South Africa.svg Keryn Jordan Waitakere United 18
2005/06 Flag of South Africa.svg Keryn Jordan Auckland City FC 23
2006/07 Flag of the Solomon Islands.svg Benjamin Totori YoungHeart Manawatu 24
2007/08 Escocia Graham Little Team Wellington 12
2008/09 Flag of Costa Rica.svg Luis Corrales Team Wellington 12
2009/10 Flag of Vanuatu.svg Seule Soromon YoungHeart Manawatu 9
2010/11 Flag of New Zealand.svg Allan Pearce Waitakere United 13
2011/12 Flag of Papua New Guinea.svg George Slefendorfas Canterbury United 12
2012/13 Flag of Fiji.svg Roy Krishna Waitakere United 19

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]