Campañó, Pontevedra
| Campañó | |
|---|---|
| igrexa parroquial | |
| Concello | Pontevedra |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2004) 2.031 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 31 |
San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.031 habitantes (1.034 mulleres e 997 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.024 habitantes.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a 3 quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
Índice |
[editar] Patrimonio
É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petroglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
A igrexa parroquial é de estilo románico, con variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo. O templo é de orixe románica, pero a capela maior reformouse no século XVIII. No Interior hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV. Ten nas súas periferia unha antela (menhir) e un cemiterio.
[editar] Festividades
Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro.
[editar] Datos diversos
Conta con varias institucións educativas: o CEIP Parada, cuns 100 alumnos, e o colexio privado Os Salgueiros.
Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio.
[editar] Deportes
O Campañó A.D.X. está en 3ª Rexional (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras). Hai dous equipos na liga de veteranos da provincia: o Santo Paio (equipación vermella) e o Campañó (camiseta verdiblanca a raias verticais, pantalón branco e medias verdes).
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Campañó
| Lugares da parroquia de Campañó no concello de Pontevedra | |
|---|---|
|
Altabón | Barragáns | O Bispo | A Boca | Cabaleiro | O Cachapal | Campañó de Arriba | Carballiños | O Casal de Rei | Casal do Mendo | O Cochón | A Corredoira | Ferreiros | O Freixo | A Galiana | Moldes | Os Muíños | Parada | Pedreira | Piñeiro | O Ribeiro | Sabarís | Soutonovo | O Vao |