Camilo Alonso Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Camilo Alonso Vega, nado en Ferrol o 29 de maio de 1889 e finado en Madrid en 1972, foi un militar galego, que formou parte da rebelión en contra do goberno da Segunda República Española, participou na Guerra Civil que orixinou o fracaso da rebelión e ocupou altos cargos durante a posterior ditadura franquista.

Ingresou na Academia de Infantería de Toledo que mandaba o coronel Jose Villalba Riquelme e participou na Guerra de Marrocos baixo o mando de dito militar. Tenente coronel en xullo de 1936, dirixiu a sublevación militar en Áraba, que triunfou, e a represión organizada que houbo contra os leais á República. Participou nos combates da fronte do Norte, ao mando da 4ª División de Navarra.

Ascendido a xeneral de brigada, tralo final da Guerra Civil

  • 1939 Nomeado subsecretario de exército
  • 1942 Nomeado procurador en Cortes ata 1969.
  • 1943 Nomeado director xeneral da Garda Civil, ata 1955
  • 1957 Nomeado ministro de Gobernación, cargo no que se mantivo ata 1969. A súa etapa caracterizouse pola brutalidade dos métodos represivos que utilizou a policía contra a oposición política, que lle valeron o alcume de Camulo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]