Camill Heller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Camill Heller, nado en Teplitz (Bohemia) o 26 de setembro de 1823 finado en Innsbruck (Austria) o 25 de febreiro de 1917, foi un zoólogo e anatomista austríaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Heller naceu na cidade termal de Teplitz (hoxe Teplice), daquela pertencente (Imperio Austríaco. Estudou en Viena, alcanzando en 1854 o título de doutor en medicina. Desde 1858 a 1863 foi profesor de zooloxía e anatomia comparada na universidade de Cracovia (Polonia), e desde 1863 até a súa xubilación ensinou na universidade de Innsbruck, en Austria.

Heller especializouse primeiramente en crustáceos, pero tamén traballou en briozoos, equinodermos, picnogónidos e tunicados.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abeviarura Heller emprégase para indicar a este zoólogo como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.