Camelle, Camariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camelle
Panorámica de Camelle.
ConcelloCamariñas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°11′07″N 9°05′25″O / 43.1853, -9.0903Coordenadas: 43°11′07″N 9°05′25″O / 43.1853, -9.0903
Poboación1106 hab. (2018)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

O Espírito Santo de Camelle[1] é unha parroquia do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2018 tiña 1106 habitantes (521 homes e 585 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1613 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, en mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou.[Cómpre referencia]

Ten seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa.

Por esta parroquia pasa a 5ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai un petróglifo no monte de Can Ladrón.[Cómpre referencia]

Durante as invasións normandas dos viquingos, os habitantes de Camelle refuxiáronse no agocho do Alto da Gurita. Segundo a tradición oral, agocháronse entre as árbores pintados con barro e prepararon unha emboscada ós viquingos na zona da Señora, preto da vila, con vitoria local.[Cómpre referencia].

A finais da idade media creouse un dos primeiros peiraos galegos adicados á pesca da balea, xunto cos de Malpica e Caión. Foi fundado por baleeiros vascos, e destacaron na pesca os capitáns García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Guipúscoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). No monte de Can Ladrón construíuse un posto de vixilancia, posiblemente do século XVI.[Cómpre referencia]

Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares e barrios de Camelle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Camelle no concello de Camariñas (A Coruña)

Arou | Camelle | Lazo


Parroquias de Camariñas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Camariñas

Camariñas (San Xurxo) | Camelle (O Espírito Santo) | A Ponte do Porto (San Pedro) | Xaviña (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]