Cambodja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Camboia")
ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា
Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea
Reino de Cambodja
Bandeira de Cambodja Escudo de Cambodja
Bandeira Escudo
Lema: Nación – Relixión – Rei
Himno nacional: Nokoreach
 
LocationCambodia.svg
 
Capital
 • Poboación
Phnom Penh
1.407.100 hab. (2006)
Cidade máis poboada Phnom Penh
Linguas oficiais
Cambodjano
Forma de goberno Monarquía constitucional
Norodom Sihamoní
Hun Sen
Independencia
- declarada
- recoñecida
de Francia
1949
9 de novembro de 1953
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 89º
181.040 km²
2,5 %
2.572 km km
443 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 62º
13.636.398
71 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 89º
US$ 37.530.000.000
US$ 2.534
IDH (2007) 0,598 (131º) – medio
Moeda Riel (KHR)
Xentilicio Cambodjano, cambodjana
Fuso horario
 • en verán
UTC + 7
non aplica
Dominio de Internet .kh
Prefixo telefónico +855
Prefixo radiofónico XUA-XUZ
Código ISO 116 / KHM / KH
Membro de: ONU, ASEAN
Tódolos países do mundo

Cambodja, oficialmente Reino de Cambodja[1](khmer: ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា, Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea), é un país asiático situado en Indochina, limita ó norte con Laos, ó leste e ó sur con Vietnam, ó oeste co Golfo de Tailandia e ó oeste e ó norte con Tailandia.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo protectorado francés integrado en Indochina, Cambodja obtivo a independencia o 9 de novembro de 1953, ao fin da guerra de Indochina. Cunha monarquía constitucional (desde 1947) dirixida polo rei Norodom Sihanouk, o país seguiu unha política de neutralidade na guerra do Vietnam, mais en realidade sostivo ao Vietnam do Norte desde 1966, deixando transitar polo seu territorio as tropas do Fronte de liberación do Vietnam do Sur.

Sofre á partir do 1967-68 unha insurrección fomentada polos Khmeres Vermellos, rebeldes comunistas de inspiración maoísta, cunha economía que vai de mal en peor baixo o peso da corrupción organizada pola súa familia, Norodom Sihanouk, resolve retomar a axuda americana, dándolle o cargo de primeiro ministro (14 de agosto de 1969) ao xeneral Lon Nol, coñecido polo seu anticomunismo e pola súa opción pola economía de mercado. Lon Nol, posto polo príncipe Sirik Matak, da rama Sisowth, envía a Sihanouk ao estranxeiro, o 18 de marzo de 1970, a Moscova e Pequín. Convertido en aliado das Estados Unidos, Cambodja é entón integrada na estratexia de acoso do comunismo en Asia do Sueste. Co apoio do Viet Minh, os Khmeres Vermellos pro Vietnamitas fan unha verdadeira guerra contra as forzas do goberno e houberon de gañar despois de que os Estados unidos non interveñen e tentan de salvar o réxime republicano (abril-xuño 1970). Mais no 1973 os Estados Unidos vanse da rexión, os seus bombardeos aéreos non puideron deter a ameaza comunista. Cando o Vietnam do Norte vai gañar a guerra contra o Vietnam do Sur, os Khmeres Vermellos axudados polo Viêtcong toman Phnom Penh o 17 de abril de 1975.

A « Angkar » (organización) das Khmeres Vermellos aplica unha política maximalista, máis radical aínda que as soviéticas e as maoístas, con visos a purificar o país da civilización urbana. As cidades, á imaxe de Phnom Penh na noite do 17 ao 18 abril 1975, son baleiradas dos seus habitantes, enviados a reeducación ao campo. A eliminación sistemática das antigas elites francés-falantes, engadida á desnutrición e ás doenzas producen un verdadeiro xenocidio: máis dun millón de persoas morren, ou sexa dous sétimos da poboación total de Cambodja. A economía está inadaptada e é incapaz de acadar o desenvolvemento.


No 1979 os Vietnamitas, aproveitando a autodestrución khmer e a inercia internacional, instalan un pseudo-goberno monicreque, baixo a dirección nominal de Pen Sovan, Heng Samrin, caa Sim, Hun e reorganizan o país segundo o modelo lao e vietnamita. Despois da súa saída, o réxime reatopa pouco a pouco un aire de autonomía. O primeiro ministro actual Hun Sen, posto polo Vietnam, dirixe o país desde este período, con 3 eleccións sucesivas trucadas, e o rei Norodom Sihanouk, reposto como xefe do estado, abdica unha segunda vez, no seu fillo Norodom Sihamoni.

Política[editar | editar a fonte]

Cambodja é membro da ASEAN (Association of Southeast Asian Nations).

Xeografía[editar | editar a fonte]

País de Asia do Sueste, Cambodja limita con Tailandia, Laos e Vietnam. A súa superficie é de 181.035 km² e a súa costa marítima, con 443 km, dá ao golfo de Tailandia.

Illas[editar | editar a fonte]

Hidrografía[editar | editar a fonte]

A capital, Phnom Penh, está situada sobre o principal rio do país, o Mekong, ao nivel do seu delta. Este río comeza no Tíbet e atravesa a metade de Cambodja antes de xuntarse ao Vietnam onde se lanza ao mar de China. O lago meirande do país é o Tonlé Sap (en cambodjano, gran lago) formado pola inundación dunha vaste plana durante a estación das choivas (aproximadamente 300 km² durante a estación seca, e ata 10 000 km² durante a estación das choivas).

Subdivisións[editar | editar a fonte]

A Cambodja contemporánea comprende 20 provincias e 4 municipalidades (*) :

Cambodia provinces named.png

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Cambodja.

Datos[editar | editar a fonte]

Poboación : 13 124 764 habitantes (en 2003). 0-14 anos: 41,25 %; 15-64 anos: 55,28 %; + 65 anos: 3,47 % (en 2001)
Superficie : 181 035 km²
Densidade : 69 hab./km²
Fronteiras terrestres : 2 572 km (Vietnam 1 228 km; Tailandia 803 km; Laos 541 km)
Litoral : 443 km
Extremidades de altitude : 0 m > + 1 813 m (Phnom Aoral)
Esperanza de vida das homes : 55 anos (en 2001)
Esperanza de vida das mulleres : 59 anos (en 2001)
Taxa de crecemento da poboación : 2,25 % (en 2001)
Taxa de natalidade : 33,16 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade : 10,65 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade infantil : 65,41 ‰ (en 2001)
Taxa de fecundidade : 4,7 nenos/muller (en 2001)
Taxa de migración : 0 ? (en 2001)
Independencia : 9 de novembro de 1953 (antiga colonia francesa)
Liñas de telefono : 21 800 (en 1998)
Teléfonos móbiles : 80 000 (en 2000)
Radios: 1,34 millón (en 1997)
televisores : 94 000 (en 1997)
Número de provedores de acceso a Internet : 2 (en 2000)
Rutas : 35 769 km (dan 4 165 km asfaltadas) (en 1997)
Vías ferrocarril : 603 km
Vías navegábeis : 3 700 km
Número de aeroportos : 19 (6 con pistas asfaltadas) (en 2000)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo se indica na entrada khmer da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cambodja

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]