Call of Duty 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty 3 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a Segunda Guerra Mundial. Foi desenvolvido por Treyarch e distribuído por Activision, agás a versión para Playstation Portable, desenvolvida por Amaze. Púxose á venda para Playstation 3, Playstation 2, Playstation Portable, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360.

Argumento[editar | editar a fonte]

O xogo recrea diversas batallas e enfrontamentos tras o desembarco de Normandía entre as tropas aliadas e as tropas nazis. Figuran diversas unidades de franceses, ingleses, estadounidenses, polacos e canadenses.

Armamento[editar | editar a fonte]

O armamento é acorde á época na que se basea a liña argumental, que inclúen diversos rifles automáticos e metralladoras: MP-40, MP-44, FG-42 e FG-42 con mira telescópica, metralladora MG-42, fusís: Kar98k e Kar98k con mira telescópica, Gewehr 43(semiautomática), antitanque Panzerschreck; por parte do Eixe.

Armas lixeiras automáticas: BAR(EEUU), Thompson(EEUU), Bren(Canadá e Polonia), Sten (Reino Unido), fusís: Springfield, M1 Garand, Lee Enfield e Lee Enfield con mira telescópica, ambas de uso canadense e británico.

Vendas[editar | editar a fonte]

A versión de PS3 vendeu aproximadamente 700.000 copias [1], a de Xbox 360 2,35 millóns [2], a de Wii 1,36 millóns [3] e a de PS2 870.000 copias [4].

Críticas[editar | editar a fonte]

Os baremos e as críticas varían moito segundo a versión. Para PS3 e Xbox 360 déuselle grande importancia ao apartado técnico. As versións de Wii e PS2 teñen un apartado técnico inferior, debido ás especificacións técnicas inferiores destes dous equipos. A versión para Wii está adaptada ao control propio da videoconsola. Acadou un 69 en Metacritic [5]. A versión de PS2 conseguiu un 82 [6], a de PS3, un 80 [7] e a de Xbox 360, un 82 [8]. A de Xbox, un 83 [9].

Notas[editar | editar a fonte]