Call of Duty: Modern Warfare: Mobilized

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty: Modern Warfare: Mobilized é un videoxogo FPS pertencente á serie Call of Duty, programado por N-Space e distribuído por Activision para Nintendo DS. Foi lanzado en novembro de 2009 en paralelo con Modern Warfare 2

Estilo de xogo[editar | editar a fonte]

Modern Warfare: Mobilized segue o estilo dos seus predecesores, Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War. Inclúe novas armas, novos vehículos e novos mini-xogos, coma controlar unha metralladora AC-130.

Multixogador[editar | editar a fonte]

Mobilized contén un multixogador en liña para 6 xogadores. Existen modos tanto competitivos coma cooperativos.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

Recibiu en xeral boas críticas, acadando un 73 en Metacritic [1]. IGN outorgoulle un 80[2].

Vendas[editar | editar a fonte]

As vendas ascenderon a aproximadamente 200.000 copias en Estados Unidos[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010. 
  2. http://ds.ign.com/articles/104/1043815p1.html
  3. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=37149