Call of Duty: Finest Hour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty: Finest Hour é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, programado por Spark Unlimited de distribuído por Activision en 2004 para Playstation 2, Xbox e GameCube. É a primeira entrega de Call of Duty para videoconsolas. Comparte o estilo do seu predecesor en PC, Call of Duty, un FPS (first person shooter) ambientado na Segunda Guerra Mundial. Non obstante, a liña argumental é totalmente diferente. Foi sucedido en 2005 por Call of Duty 2:Big Red One.

Argumento[editar | editar a fonte]

Narra diferentes batallas da fronte oriental, da guerra en África e da fronte occidental; incluíndo a batalla de Stalingrado e o cruce do Rhin.

Multixogador[editar | editar a fonte]

Finest Hour conta cun multixogador en liña con capacidade para 16 xogadores en PS2 e 32 en Xbox. A versión de GameCube non inclúe multixogador.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

O xogo recibiu críticas aceptables, acadando un 73 para Xbox [1], un 76 para PS2 [2] e un 74 para GameCube [3].

Vendas[editar | editar a fonte]

As vendas foron máis elevadas na versión de PS2, acadando os 2,81 millóns de unidades [4]. A versión de Xbox acadou os 1,17 millóns [5], mentres que as de GameCube foron de aproximadamente 300.000 unidades [6].

Notas[editar | editar a fonte]