Call of Duty: Black Ops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty: Black Ops é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, lanzado en novembro de 2010 para PC Windows, Playstation 3, Xbox 360 e Nintendo Wii. É a sétima entrega principal da serie e a terceira programada por Treyarch. A distribución, coma no resto da serie foi levada a cabo por Activision.

Argumento[editar | editar a fonte]

Os feitos narrados desenvólvense durante a Guerra Fría, nos anos 60, cando un grupo dentro do exército soviético planexa atacar os Estados Unidos con armas químicas. O eixo da historia xira en torno aos esforzos norteamericanos por deter este grupo, incluíndo incursións en Cuba, na Unión Soviética, Vietnam e outras localizacións.

Crítica[editar | editar a fonte]

As críticas foron en xeral positivas e mesmo brillantes, acadando en Metacritic un 81 para a versión de PC[1] , un 87 para a versión de Xbox 360 [2], un 88 para a a versión de Playstation 3 [3] e un 80 para a versión de Wii [4].

Notas[editar | editar a fonte]