Calino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCalino
Nome orixinal(grc) Καλλῖνος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. Editar o valor em Wikidata
Éfeso Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VII a. C. Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeÉfeso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , poeta elexíaco Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Calino de Éfeso (en lingua grega Καλλῖνος), foi un poeta grego clásico da primeira metade do século -VII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vincúlano á pole de Éfeso, pero nada seguro pode dicirse respecto diso. É un dos máis antigos poetas elexíacos (é dicir, que compuxeron dísticos elexíacos formados por un hexámetro e un pentámetro); da súa biografía coñécese moi pouco e só se conservan da súa obra tres fragmentos de peáns ou poemas guerreiros moi influídos pola epopea no plano do formal, pero novidosos en canto á exhortación cara a un exército hoplítico que loita unido, o maior destes poemas consta duns vinte versos. Viviu na época das guerras que Éfeso, cidade xonia de Asia Menor, mantiña cun pobo invasor que se coñece co escuro nome de cimerios, de estirpe indoirania e que entrou en Asia Menor no século -VII. Unha das súas tribos, os treres, penetrou en Sardes e deu morte ao rei Xixes.

"Honroso é en verdade, e glorioso, que un home batalle

contra os inimigos. A morte virá xusto o momento en que o teñan fiado as Moiras. Que todos avancen empuñando a espada e acollendo tralo escudo un corazón valoroso, apenas se trabe combate! Porque non está no destino dun home escapar á morte, aínda que veña de deuses a súa liñaxe. A miúdo foxe algún do combate e do soar dos dardos, e ponse a cuberto, pero en casa agárdalle, fatal, a morte. Mais ese non será recordado nin amado polo pobo, mentres que ao outro, se cae, chórano tanto o grande como o mozo pois a toda xente afecta a nostalxia dun bravo que soubo morrer. E, se acaso sobrevive, rivaliza cos heroes, porque ao seu paso admírano cal se fose unha torre no muro;

fazañas acomete que valen por moitos, sendo el un."
Versos 8 a 21. Fragmento 1 (1D)

Cos seus poemas Calino daba ánimos, como Néstor na Ilíada, aos combatentes xonios para expulsar os estranxeiros da patria: "Quen é mortal, camiña cara á morte".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]