Calicrátidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calicrátidas foi un comandante naval espartano durante a Guerra de Decelia, a última fase da Guerra do Peloponeso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 406 a. C. foi enviado ao Exeo para tomar o mando da frota espartana de Lisandro, o primeiro navarca. O período de tempo en que Calicrátidas exerceu de navarca foi breve e tropezou con varias dificultades. Principalmente, as intrigas do seu predecesor, quen aparentemente devolvera o diñeiro co que a frota debía ser pagada polo príncipe persa Ciro. Calicrátidas necesitaba o diñeiro de Ciro para pagar aos seus homes, pero, como un espartano tradicionalista, era remiso a pedilo a un persa. Os seus intentos pouco entusiastas de conseguir o financiamento de Ciro non se concretaron, e foi forzado a atopar unha fonte alternativa de fondos, que a cidade de Mileto ao final proveu.

Despois de gañar unha vitoria inicial contra o almirante ateniense Conón, Calicrátidas enfrontouse cunha considerábel frota ateniense enviada para auxiliar a Conón. Enfrontouse a esta frota na Batalla de Arginusas. O seu continxente naval foi completamente derrotado, e Calicrátidas morreu. Tras a súa morte, Lisandro, regresou de Esparta para ocupar o posto de navarca outra vez.

Calicrátidas é lembrado como un espartano da vella escola. Desdeñou a política de alianza con Persia que fora aprobada baixo Lisandro, e declarou que se a elección fose súa, buscaría a paz con Atenas. O papel crecente do diñeiro na política e a diplomacia espartanas, ofendía a súa tradicionalista, antimaterialista sensibilidade. Aínda que fracasou no seu mando, gañou o respecto de moitos espartanos e aliados, e foi moi ben considerado despois da súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fine, John V.A. The Ancient Greeks: A critical history (Harvard University Press, 1983) ISBN 0-674-03314-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Extracto da Vida de Lisandro de Plutarco no que se dá conta do tempo de Calicrátidas como navarca. (en inglés)