Caldeirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caldeirón
PilotWhale.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 VU gl.svg
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetáceo
Familia: Odontoceto
Xénero: Globicephala
Nome científico
Globicephala melas
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O caldeirón (Globicephala melas) é un tipo de golfiño da especie Globicephala. Pertence á orde dos cetáceos, dentro da suborde dos odontocetos (que posúen dentes), a diferenza dos misticetos (non posúen dentes senón barbas, coma as baleas).

Índice

Características[editar]

Os machos miden entre 4 e 7,6 metros, as femias enrte 3 e 5,6 e os recén nados sobre 2 metros. En canto ao peso, un exemplar adulto pesa entre 1,8 e 3,5 toneladas, mentres que un recén nado pesa sobre 75 quilogramos. A súa dieta componse principalmente de chocos e luras, aínda que ás veces tamén comen peixes.

Ao igual cas candorcas, pódense confundir con baleas, pero realmente son golfiños, xa que estes teñen dentes e non barbas. Son de cor gris escuro ou negro claro e posúen unha banda diagonal branca en cada ollo. Estes animais esténdese polas costas que bordean a Antártida, Sudamérica, Sudáfrica e Oceanía, e no Atlántico Norte. Galicia, as Comunidades cantábricas e Portugal son os lugares da Península Ibérica onde se atopa a maior poboación de caldeiróns.

Podemos distinguir dous tipos de caldeiróns:

  • Os Globicephala melas melas, no Atlántico norte
  • Os Globicephala edwardi melas, que habitan bordeando o Océano Antártico

Comportamento[editar]

Distribución dos caldeiróns no mundo

Son animais moi sociables e familiares, vivindo en grupos de ata 100 exemplares, dos que un é o lider, que adoita ser a golfiña máis vella do grupo.

Poden sumerxirse ata os 600 m, pero a maioría móvense entre os 50 e os 60 m.

Varamentos[editar]

Os caldeiróns son animais que viven tanto na costa coma en mar aberto. Non é por tanto nada difícl que se produza un varamento na costa. En Galicia son frecuentes os varamentos na Costa da Morte e na costa cantábrica da Mariña Lucense.

Se a líder vara na costa, o resto dos caldeiróns seguiralle, producíndose un varamento masivo. Isto fai que eses varamentos sexan moi prexudiciais para eles, xa que é moi difícil devolver ao mar o grupo.

A única maneira de solucionar o problema é atopar á lider e devolvela ao mar se está en boas condicións ou retirala se esta está morta ou ferida.

Galerías de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]