Calandriña común
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Calandriña común | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Calandrella brachydactyla | ||||||||||||
A calandriña común (Calandrella brachydactyla) é un paxaro da familia dos aláudidos máis pequeno cá calandra. Na parte superior é de cor castaña agrisada con manchas escuras. Na parte inferior é branca. Ten unha marca superciliar pálida, manchas escuras a cada lado do colo e rabo escura. Ten un bico moi apuntado. A plumaxe é similar en ambos sexos.
Distribución xeográfica e hábitat [editar]
A (Calandrella brachydactyla) habita no sur de Europa, noroeste de África, e en areas temperadas de Asia, dende Turquía e o sur de Rusia a Mongolia. Esporadicamente a parece no leste de Europa.
Reprodución e alimentación [editar]
Fai os niños no chan, nos que pon dous ou tres ovos. Os polos deixan o niño antes de empezaren a voar. Aliméntase de sementes e insectos, estes últimos son un alimento máis habitual na época de cría.