Calabor, Pedralba de la Pradería
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Calabor é unha das cinco aldeas que forman o concello de Pedralba de la Pradería, na provincia de Zamora, na zona das Portelas. Con 116 habitantes, é a única delas na que se fala galego a parte do castelán.
Economía [editar]
A aldea de Calabor ten como fonte económica a agricultura, a gandería, o balneario, a embotelladora de augas minerais e un parque eólico. Hai máis de catro décadas, Calabor era unha localidade que baseaba a súa economía nas minas de estaño que ten no seu territorio, así como o antigo balneario e embotelladora de augas de Calabor. Actualmente estase realizando un novo proxecto que fomenta a riqueza desta poboación sanabresa, o cal consiste nun novo balneario para todos aqueles turistas e viaxeiros que queiran gozar das súas augas mineiro-medicinais.
Véxase tamén [editar]
| Concellos galegofalantes | provincia de Zamora : As Portelas | |
|---|---|
|
Hermisende | Lubián | Pías | Porto |
|
| Parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería (Calabor) |