Cala Montgó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cala Montgó
Coordenadas: 42°06′27″N 3°10′09″L / 42.107583, 3.169211
Vista da Cala Montgó desde punta Ventosa.

A cala Montgó é unha enseada que se atopa no municipio de Torroella de Montgrí, na provincia de Xirona, aínda que está máis preto do núcleo de l'Escala.

Características[editar | editar a fonte]

Xeoloxicamente corresponde aos contrafortes máis setentrionais do macizo do Montgrí, sendo a cala máis accesible e grande das que se poden encontrar neste tramo forestal da Costa Brava. Orientada ao levante e polo norte culmínaa a punta Montgó (96 msnm), coroada por unha torre de vixía fortificada da idade moderna. Ao sur, pecha a cala a punta Milà a 1,1 km da praia.

A maior parte da costa está rodeada por escarpados acantilados calcáreos, a praia é de area fina. As augas son transparentes e tranquilas, xa que se encontran resgardadas dos temporais de tramontana, tan habituais no Empordà.

Accesos[editar | editar a fonte]

Dende o paseo marítimo de L'Escala, pódese acceder a pé por un camiño de rolda. Tamén se pode acceder en coche, a un quilómetro do porto deportivo de L'Escala. Segundo se vai chegando pola estrada de acceso, encóntranse varios cámpings.

Por esta praia pasa o camiño de rolda, actualmente denominado GR 92, que percorre o litoral catalán dende Portbou, xunto á fronteira francesa, ata Ulldecona, no sur, pasando polo delta do Ebro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]