Caipiriña (cóctel)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caipiriña

Caipirinha é o cóctel nacional do Brasil, feito con cachaça ( licor de cana de azucre dura), azucre e lima. A cachaça é a bebida alcohólica destilada brasileira máis común (tamén coñecida como Pinga ou Caninha). O ron e a cachaça están feitos de produtos derivados da cana de azucre. A cachaça e o resultado da fermentación do zume da cana de azucre que logo é destilado.

Receita[editar | editar a fonte]

  • 1 copa de cachaça
  • Azucre de cana
  • lima ou limón verde

Preparar directamente nun vaso ancho e baixo. Espremer un pouco de limón e mesturar ben co azucre. Cortar as limas en anacos e deitalos no vaso. Engadir abundante xeo picado e azucre ao gusto. Machucar co morteiro de man ata conseguir sacar todo o zume da lima. Engadir a cachaça e servir ao momento.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai moitas historias sobre a orixe da caipiriña. O máis coñecido é o que se inicia ao redor de 1918, no estado de São Paulo. A caipiriña como a coñecemos hoxe en día creouse a partir dunha receita popular feita con limón, allo e mel, indicado para pacientes de gripe española, e que, hoxe en día, aínda se utiliza para curar os pequenos arrefriados. Como era bastante común poñer un pouco de alcol en calquera menciña caseira para acelerar o efecto terapéutico, o ron era de uso común. "Ata que un día alguén decidiu retirar o allo e o mel. Logo engadiu unhas culleradas de azucre para reducir a acidez do limón. O xeo veu despois, para evitar a calor", explica Carlos Lima, director executivo do IBRAC (Brazilian Institute of Cachaça).[1][2]

Popularidade[editar | editar a fonte]

A caipiriña é o cóctel nacional do Brasil,[3] e gózase nos restaurantes, bares, e moitos fogares de todo o país. Unha vez case descoñecido fóra do Brasil, a bebida volveuse máis popular e dispoñible nos últimos anos, en gran parte debido á dispoñibilidade cada vez maior de marcas de cachaça de primeiro nivel fóra do Brasil.[4] A International Bartenders Association designouno como un dos seus cócteles oficiais.[5]

Nome[editar | editar a fonte]

A palabra caipirinha é o diminutivo da palabra caipira, que se refire a alguén do campo, que ven a ser un pailán ou paifoco. A palabra pode ser utilizada xa sexa como masculino ou feminino, pero cando se fai referencia a esta bebida é unicamente feminino (o uso de diminutivos é común no Brasil). No vocabulario brasileiro, a palabra caipirinha asóciase sobre todo coa bebida en si en lugar da clase de persoa.

Variacións[editar | editar a fonte]

  • O termo caipiriña utilízase ás veces para describir calquera bebida de cachaça con zume de froitas (por exemplo, unha caipiriña maracuyá, caipiriña de kiwi ou caipirinha de fresa).
  • Caipifruta é unha bebida de caipiriña moi popular no Brasil, que consta de cachaça, froitas frescas esmagadas (xa sexa por separado ou en combinación), e xeo picado. As froitas máis populares utilizadas para crear caipifrutas son mandarina, lima, kiwi, froita da paixón, piña, limón, uva e manga.
  • Caipisake (feito con sake en lugar de cachaça) tamén se está facendo máis popular, máis comunmente con fresas ou kiwi.
  • Caipiroska (feito con vodka en lugar de cachaça). Moi popular en Finlandia e Suecia.
Lima, cana de azucre, cachaça e xeo picado: son os ingredientes típicos dunha Caipiriña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  2. http://www.drinquepedia.com/drinques/historia?drinque=146
  3. Mackay, Jordan (August 10, 2006). "Made in Brazil". 7x7 Magazine. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2013. .
  4. Willey, Rob (2006). "Everyday with Rachael Ray". Cane and Able. Consultado o 2007-01-14. The caipirinha--a sour-sweet combination of crushed limes, sugar and cachaça—has become the darling of American bartenders, and first-rate cachaça is at last finding a place on American liquor-store shelves. 
  5. "International Bartenders Association". IBA. 2005-2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2011. Consultado o 2007-04-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]