Caicos Central
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Caicos Central | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Conch Bar |
| País | Reino Unido |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 468 hab. |
| Superficie | 144´2 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 21°47′17.49″N 71°44′04.35″W / 21.7881917°N 71.7345417°W |
| Maior Altura | 18 m. |
| Localización | |
Caicos Central, tamén chamada Gran Caicos, (en inglés:Middle Caicos ou Grand Caicos) é a illa máis grande das illas Turks e Caicos. Ao oeste, está separada de Caicos do Norte polo Juniper Hole, e ao leste, de Caicos do Leste polo Lorimer Creek, ambos son pasaxes estreitas que só permiten o paso de pequenas embarcacións.
Caicos Central ten unha superficie de 144,2 km², por encima da marca da marea alta, e de 294,1 km² en marea baixa. A diferenza entre os dous valores que non se contabiliza ao medir a superficie. A poboación estimada era de 468 habitantes en 2006.
O seu territorio coincide co 'Distrito de Caicos Central'.
Hai tres localidades en Caicos Central, de leste a oeste:
- Lorimers (poboación: 36)
- Bambarra (poboación: 124)
- Conch Bar (a capital, poboación: 308)