Cadro móbil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcos ou cadro móbil.

O cadro móbil foi un invento revolucionario na práctica da apicultura, pois orixinalmente os panais de mel eran destruídos ao cultivalos, aínda que se recuperaba a cera.

Historia[editar | editar a fonte]

A invención do mesmo débese a numerosos autores: François Huber desenvolveu unha colmea de cadros mobilistas, tipo acordeón, e despois Jan Dzierzon mellorou a mesma. En 1853 Lorenzo Langstroth patentou a colmea que leva o seu nome, e posteriormente as colmeas utilizaron este modelo e os cadros móbiles destas, que poden ser definidos como o mobiliario da casa da abella, variaron a súa forma segundo se modificaron as medidas do longo e a profundidade.

A colmea Langstroth utiliza cadros de 447,6 mm de longo e 285,7 mm de profundidade, espazados a unha distancia de 35 mm entre os centros dos cadros. Moses Quimby utilizara un cadro de 470 mm de longo e 285,7 mm de profundidade que posteriormente foi adoptado por Charles Dadant, para a colmea Dadant. Porén Dadant and Sons a partir de 1917 comezou a producir a Colmea Dadant modificada que utiliza os cadros da colmea Langstroth separados por unha distancia ao centro de 38 mm. Esta medida difundiuse moito por Europa, utilizándose en Inglaterra pola maior parte dos apicultores comerciais. A posterior o Irmán Adán modifica esta colmea para levala de 10 a 12 cadros por alza, tomando unha forma cadrada. Colmea denominada Buckfast Dadant.

O cadro móbil ten catro partes principais:

  • o cabezal ou listón superior.
  • os laterais.
  • o listón inferior.

Cadros autoespazadores[editar | editar a fonte]

Despois que Lorenzo Langstroth desenvolvese o seu cadro móbil, houbo moitas críticas respecto diso en virtude que os mesmos colgan libremente e oscilan, co cal ao moveren a colmea estes esmagan as abellas, pasaron a chamalos cadros pisoteadores de abellas polos seus opoñentes.

Débese a Julius Hoffman a invención do cadro autoespazador. Nun primeiro momento o espazo producíao proxeccións nos laterais do cadro, pero a pesar de que este cadro estaba espazado, lograba moverse. Por iso Hoffman levou estas proxeccións a unha profundidade dun terzo do cadro, logrando un deseño inmellorable utilizado ata os nosos días.

Materiais de construción do cadro[editar | editar a fonte]

Durante moito tempo o cadro confeccionouse con madeira, preferiblemente semidura ou branda. Na actualidade utilízanse plásticos inxectados para a construción do marco móbil como da folla de cera estampada. Malia isto os cadros de madeira seguen a ter unha moi ampla difusión.

Medidas de diferentes tipos de colmeas verticais[editar | editar a fonte]

Tipo Langstroth Dadant Lusitana Layens
Medidas cámara cría 46,5x38x24 46,5x38x31 37x38x31 segundo Nº cuadros
Medidas alzas 46,5x38x24 46,5x38x17 37x38x16
Med. cadro cámara 42x20 42x27 33x27 35x30
Med cadro alza mel 42x20 42x30 33x12 35x30
Superficie cadro 160 dm² 220 dm² 180 dm² 240 dm²
Cría teórica 45000 abellas 60-62000 abellas 50000 abellas 67200 abellas
kg de abellas x cría 4,5 kg 6 kg 5 kg 6,7 kg
Capacidade en litros 42,4 L 54 L 43,5 L
Capacidade total 84,8 L 84 L 65,9 L
Capacidade na alza mel. 25 kg 16 kg 13 kg

Véxase tamén[editar | editar a fonte]