Cadea de transmisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Animación do funcionamento dunha cadea de transmisión.
Trazos dunha cadea de transmisión, de Leonardo da Vinci.

En enxeñaría mecánica, unha cadea de transmisión ou simplemente cadea, é un conxunto de elos conectados directamente ou a través de eixes. Unha cadea pode estar pechada en si mesma ou deixarse libre nos seus extremos.

As cadeas de transmisión serven para transmitir o movemento de arrastre de forzas entre rodas dentadas, e poden utilizarse como:

A pesar de que se atribúe a Hans Renold a invención da cadea con rolos, en 1880, debuxos de Leonardo da Vinci do século XVI amosan os trazos dunha cadea con rolos.[1].

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Cadeas de elos planos enlazados mediante pernos, habitualmente usadas en motos e bicicletas.
Cadea de distribución nun motor OHV.
  • Transmitir o movemento dos pedais á roda traseira nas bicicletas ou do cambio de marchas á roda traseira nas motos.
  • Nos motores a 4 tempos, para transmitir o movemento dun mecanismo a outro. Por exemplo, do cegoñal á árbore de levas, ou do cegoñal á bomba de lubricación do motor.

Hai algúns modelos de motos que usan un cardán para transmitir o movemento ás rodas. Porén, o sistema de cadea dá unha certa elasticidade que axuda a iniciar o movemento, sobre todo en costas. O seu inconveniente é que se pode enganchar, e é máis débil que un cardán.

Existe un dispositivo chamado falcon utilizado para absorber parte das vibracións da cadea, o que impide a fragmentación dalgún elo.

Tamén hai sistemas hidráulicos ou por correa.

Nos motores de ciclo Otto a 4 tempos úsanse cadeas para a árbore de levas desde hai moito tempo, sobre todo desde a aparición dos motores SOHC e DOHC polo seu maior silencio e menor custe que os piñóns de distribución. As correas de transmisión dentadas, porén, foron gañado terreo para esta función.

Cada vez téndese máis a substituír a cadea da árbore de levas por unha correa xa que fai menos ruidoso o motor. O inconveniente é que hai que cambiar a correa con máis frecuencia que unha cadea, e consome un pouco máis de potencia do motor.

A cadea de distribución, sempre que o seu engraxamento sexa adecuado e o seu mecanismo tensor funcione correctamente, dura o que dure o motor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No século XVI Leonardo da Vinci debuxou esbozos da que semella ser a primeira cadea de aceiro. Estas cadeas foron probabelmente concibidas para transmitir unha forza de tracción, xa que inclúen só as placas e clavos metálicos e accesorios. Porén, os debuxos de da Vinci mostran un rolo de rodamento. The Complete Guide to Chain. Tsubakimoto Chain Co.. 1997. p. 240. ISBN 0-9658932-0-0. p. 211. http://chain-guide.com/breaks/brief-history-of-chain.html. Consultado o 08-09-2012. 

Véaxse tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cadea de transmisión

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]