Cacaforra viñosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Cacaforra viñosa
Amanita rubescens.JPG
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Agaricomycetidae
Orde: Agaricais
Familia: Amanitaceae
Xénero: Amanita
Nome científico
''Amanita rubescens''
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A Cacaforra viñosa, nome científico Amanita rubescens e tamén coñecida en castelán como amanita rojiza ou amanita vinosa,[1] é un fungo basidiomiceto caracterizado por posuír un chapeu globoso, cando é novo, que evoluciona a plano, de cor avermellada, coa tonalidade do viño: na madurez, posúe numerosos restos do veo da volva, de cor branca rosácea. A cutícula é separable con facilidade. A marxe, incurvada a plana, non é estriada, e é delgada. As láminas, numerosas, libres, son de cor branca, así como as súas esporas. O pé é cilíndrico, de cor esbrancuxada a rosada; na súa base posúe unha volva da mesma cor ou lixeiramente máis saturada.[2] Crece en piñeirais e en uceirais.

De interese en gastronomía, debe consumirse sempre cociñada, nunca crúa; isto débese á presenza de hemolisinas que desaparecen ao quentarse até os 65 °C.[2] Ditas hemolisinas actúan eliminando os eritrocitos do sangue. Porén, o seu interese culinario está discutido, posto que, aínda destruídas as hemolisinas tras un shock térmico, aínda son indixestas.[2] Debe coidarse a súa identificación porque se presta a confusión con Amanita pantherina, esta última moi tóxica.

[editar] Notas

  1. Grünert, H.; Grünert, R.; VV.AA. (1984), Guías de Naturaleza Blume: Setas (t. orixinal:Pilze). (en castelán)
  2. 2,0 2,1 2,2 Asociación micolóxica El Royo (en castelán)

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas