Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cabra montesa galaica tamén coñecida como cabra montesa portuguesa (Capra pyrenaica lusitanica) é unha subespecie extinta da cabra montesa que habitaba antigamente nas zonas montañosas do norte de Portugal, Galicia, Principado de Asturias e Cantabria occidental.
Este animal foi exterminado debido á caza excesiva e a destrución do seu hábitat a finais do século XIX, desaparecendo en 1890 de España e en 1892 do seu derradeiro refuxio na portuguesa Serra de Geres. Dende 1993 a Xunta de Galicia está repoboando algunhas zonas de Galicia con cabras montesas da Serra de Gredos, membros da subespecie máis semellante aínda viva, a Capra pyrenaica victoriae da Meseta Central. Esta política foi imitada por Asturias e está en estudo en Cantabria, aínda que neste caso é máis por motivos cinexéticos e turísticos que polo interese medioambiental.