Cabozo (rede social)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cabozo é unha rede social galega xurdida no ano 2007 polo programador Antonio Mariño. Inicialmente fora denominado como Pantry (en inglés, despensa)[1], e non foi até 2008 cando mudou a súa denominación á actual. Malia todo, non foi até 2009 cando se abriu ao público. En febreiro de 2012, Cabozo contaba cunha comunidade de arredor de 7.000 persoas entre os usuarios rexistrados na propia web e os seus seguidores en distintas plataformas sociais[2]. Para poder ter acceso á mesma é precisa unha invitación externa que se pode conseguir mediante un coñecido que xa teña unha conta en Cabozo ou póndonos en contacto por Facebook, Twitter ou correo electrónico cos coordinadores da rede social.[1]

Asemade, cabe mencionar que esta característica é a que constitúe o especial atractivo da rede galega, posto que non se crean relacións previas senón que se seguen as persoas segundo o grao de interese que desperten as súas publicacións ou contribucións.

Esta rede conta cun posto na lista das 50 páxinas galegas máis interesantes. Esta clasificación é realizada por Código Cero.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2012. Consultado o 05 de xaneiro de 2013. 
  2. http://www.galiciaconfidencial.com/nova/9732.html
  3. Código Cero. "Clasificacións de páxinas web galegas". Consultado o 20/04/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]