Cabo de Salou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°03′17″N 1°10′20″L / 41.0548, 1.17209

Zona do cabo de Salou.

O cabo de Salou é un cabo da Costa Daurada, en Cataluña. É un conxunto rochoso que entra no mar Mediterráneo á altura do municipio de Salou, na provincia de Tarragona.

As características rochosas do cabo facilitaron a creación de pequenas calas no seu arredor:

  • Cala Morisca
  • Cala de la Vinya
  • Cala de la Font
  • Cala de la Penya Tallada
  • Cala dels Crancs

No cabo atopamos o Faro de Salou, inaugurado en 1858. O cabo de Salou forma un pequeno macizo que ten unha pequena extensión boscosa principalmente formada por piñeirais. Está suxeito á acción das ondas, provocado sobre todo polos ventos de levante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]