Cabo de Peñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabo de Peñas, vista Este.
Cabo de Peñas

O cabo Peñas é o cabo máis setentrional do Principado de Asturias, España, e está situado no concello de Gozón. Está composto por roca cuarcita armoricana cunha marcada resistencia á abrasión.

O faro [editar]

O cabo está coroado polo Faro de Cabo Peñas que é o máis importante e de máis alcance do litoral asturiano e que desde 1852 é luz e guía de mariños. Esta última lanterna foi adquirida na Exposición Universal de Barcelona de 1929. As súas características técnicas son:

  • Plano focal sobre o nivel medio do mar: 119 m.
  • Plano focal sobre o terreo: 19 m.
  • Alcance con bo tempo: 41 millas
  • Alcance con bruma: 18 millas
  • Escintileos: grupo de 3 escintileos.

Con anterioridade a 1852 sinalizábase con lume, queimando troncos nunha pantalla de pedras que iluminaba a noite en Penas e indicaba o camiño de volta a casa aos mariñeiros. Isto tamén se facía nas proximidades dos portos como en Candás e en Luanco. Hoxe en día o proceso está automatizado e informatizado, non sendo necesaria a manipulación diaria, pero se unha continua supervisión que garanta o seu funcionamento, especialmente cando os temporais e as tormentas azoutan a rasa costeira, pondo a proba tanto os propios sistemas do faro como a subministración eléctrica e as comunicacións.

Actualmente, na planta baixa do faro de Penas sitúase o Centro de recepción de visitantes e interpretación do medio mariño de Penas (MEMAP), configurado por cinco salas:

  • Sala dos faros: historia dos faros e vida dos fareros.
  • Sala das tormentas e galernas: simulación dunha galerna.
  • Sala do home e o mar: relación ancestral do home co mar, a pesca, a relixión, etc.
  • Salga da biodiversidade mariña: especies mariñas da contorna de Penas.
  • A fiestra de Gozón: principais recursos turísticos do concello de Gozón.

Tamén resultan interesantes as maquetas a escala de quenllas, baleas e cachalotes. O centro foi galardoado coa Bandeira Azul no ano 2006 e 2007; e co distintivo temático pola Información e Educación Ambiental en 2007.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: