Cabo da Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O faro do Cabo da Roca.

O cabo da Roca é un cabo situado en Portugal, o punto máis occidental da Europa continental. Era coñecido polos romanos como Promontorium Magnum e durante a era da navegación a vela como a Roca de Lisboa.

Está situado no distrito de Lisboa, 40 quilómetros ao oeste de Lisboa e 18 quilómetros ao oeste de Sintra (concello ao que pertence) no Parque Natural de Sintra-Cascais. As súas cordenadas están inscritas nunha placa de pedra do monumento do lugar (a placa data do ano 1979). O acantilado emerxe do océano Atlántico a aproximadamente 140 metros sobre o nivel do mar. Enriba do acantilado hai un faro e unha tenda para turistas.

O cabo é unha popular atracción turística. O poeta Luís de Camões definiu o Cabo da Roca como o lugar onde a terra se acaba e o mar começa.

Índice

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas