Cabicha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha cabicha é o resto dun pito (ben de tabaco, ben doutra substancia) cando xa está case totalmente fumado, incluíndo o filtro, se o ten.

Son moi nocivos para o medio natural, pois o algodón está impregnado de nicotina e alcatrán e xa non é biodegradable.

Segundo a norma actual en España desde xullo de 2006 tirar cabichas pola xanela dos automóbiles está penado con catro puntos menos no carnet de conducir, debido á súa perigosidade na creación de lumes forestais.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cabicha