Cabernet sauvignon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabernet sauvignon gaillac

Cabernet sauvignon é unha caste de uvas da especie Vitis vinifera (a videira) a partir da que se fabrica viño de alta calidade. Orixinaria da rexión de Bordeos, no suroeste de Francia, é a uva vinífera máis difundida no mundo, atopándose en todas as zonas temperadas e quentes.[1] É coñecida como "a raíña das uvas tintas". É resultado do cruzamento entre as uvas cabernet franc e sauvignon blanc.

A variedade é bastante homoxénea, con algunhas diferenzas na forma do bacelo e nas características típicas do viño.

Caracterízase polos taninos densos, cor profunda, complexos aromas de froitos tales como ameixa ou grosella negra. Nos viñedos mais quentes, revela trazos de oliva e amora silvestre, mentres que, nos máis fríos, aparecen trazos de pemento. É unha variedade bastante vigorosa e de frutificación medio-serodia, vexetación bastante erecta e entrenódulos medio curtos.

Notas[editar | editar a fonte]