Cabeceiras de Basto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cabeceiras de Basto | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Portugal |
| Rexión: | Norte |
| Subrexión: | Ave |
| Distrito: | Braga |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 240,88 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 16.710 hab. (2011)[1] |
| Densidade de poboación: | 69,37 hab/km² |
| Xentilicio: | cabeceirense |
| Información | |
| Código postal: | 4860 |
| Alcalde: | Joaquim Barreto[2] |
| Sitio na web: | |
Cabeceiras de Basto é un concello de Portugal, situado no Distrito de Braga, na Rexión Norte e na subrexión de Ave.
O concello ten unha superficie total de 240,88 km² e 16 710 habitantes (2011)[1], dos cales 4.600 residen na capital municipal. Está subdividido en 17 freguesías. Limita ao norte co concello de Montalegre, ao nordeste con Boticas, ao leste con Ribeira de Pena, ao sudeste con Mondim de Basto, ao sur con Celorico de Basto, ao oeste con Fafe, e ao noroeste con Vieira do Minho.
Índice |
Demografía [editar]
| Poboación do concello de Cabeceiras de Basto (1801 – 2011) | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
| 8224 | 14087 | 16284 | 17273 | 21141 | 18997 | 16368 | 17846 | 16710 |
Freguesías [editar]
Cabeceiras de Basto está dividido nas seguintes 17 freguesías:
- Abadim
- Alvite
- Arco de Baúlhe
- Basto
- Bucos
- Cabeceiras de Basto
- Cavez, anteriormente Cavês
- Faia
- Gondiães
- Outeiro
- Painzela
- Passos
- Pedraça
- Refojos de Basto (Cabeceiras de Basto)
- Rio Douro
- Vila Nune
- Vilar de Cunhas
Património [editar]
Entre o patrimonio arquitectónico de Cabeceiras de Basto salienta o Mosteiro de San Miguel de Refojos de Basto.